Cunhas condicións meteorolóxicas case perfectas, a ría de Ribadeo acollía a terceira regata da V Copa Deputación de Piragüismo.
Os benxamíns e alevíns A e B tiñan que dar unha volta ó circuíto ata completar os 1.500 metros sinalados pola organización. Dos 42 inscritos nas dúas categorías, só 28 barcos tomaron a saída.
Benxamín masculino K1 (1.500 metros)
1.- IAGO GARCÍA MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, 05:12,19
2.- Cristian Lage Salgueiro, CD San Ciprián, +00:08,77
3.- Nicolás Gómez Zsak, CP Ciudad de Lugo, +00:19,54
…
7.- ISAAC MÉNDEZ TRIGO, CLUB KAYAK DE FOZ, +03:15,51
A seguinte proba foi a dos infantís. Xoel García Neira, Fran Rubio e Paola García comezaron a marcar as diferenzas co resto de participantes (23 dos 31 inscritos) tras os 300 metros onde se situaba unha zona onde o efecto backing do vento sumado á pouca profundidade da auga provocou varias caídas.
Infantil Feminino B K1 (3.000 metros)
1.- PAOLA GARCÍA NEIRA, CLUB KAYAK DE FOZ, 14:29,77
2.- Bárbara Gargallo Méndez, CD San Ciprián, +00:10,72
3.- Alicia López Bóveda, CP Ciudad de Lugo, +00:25,83
4.- LIDIA MENDEZ TRIGO, CLUB KAYAK DE FOZ, +03:56,00
Infantil Masculino B K1 (3.000 metros)
1.- FRANCISCO RUBIO PACIOS, CLUB KAYAK DE FOZ, 13:21,33
2.- Samuel Quiroga Rodríguez, CP Ciudad de Lugo, +01:13,51
3.- PABLO LÓPEZ FERNÁNDEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +01:46,65
4.- BRAIS MARTÍN FRAGA, CLUB KAYAK DE FOZ, +02:55,36
…
6.- SANTIAGO PÉREZ REY, CLUB KAYAK DE FOZ, +06:36,67
Infantil Masculino A K1 (3.000 metros)
1.- XOEL GARCÍA NERIA, CLUB KAYAK DE FOZ, 12:05,10
2.- Javier Rodríguez Villamor, Club Fluvial de Lugo, +00:37,38
3.- Miguel Estévez Seijas, Club Fluvial de Lugo, +00:38,96
O cadete do Cidade de Lugo Julio González Matilla puxo ‘auga’ de por medio e distanciouse do grupo nada máis comezar a proba. Sen emoción polo primeiro posto, e tralas 2 voltas establecidas, a máis de minuto e medio do vencedor, comezaron a entrar os cadetes e xuvenís.
Os puestos de honra en homes leváronos os palistas do Fluvial de Lugo e entre as rapazas, o Fluvial e o Cidade de Lugo. Os palistas da Mariña quedaron ubicados polo medio da táboa, sendo os mellores situados os cadetes Noel García e Juan Rivas nos postos sexto e sétimo, respectivamente.
Cadete Feminino K1 (5.000 metros)
1.- María Lancho Lavilla, CP Ciudad de Lugo, 23:59,39
2.- Lucía Valiña Seijas, Club Fluvial de Lugo, +01:01,97
3.- Clara González González, CP Ciudad de Lugo, +01:19,34
…
5.- MAYRA ALARCÓN MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +07:01,50
Cadete Masculino K1 (5.000 metros)
1.- Julio González Matilla, CP Ciudad de Lugo, 20:55,16
2.- Ramón Fernández González, Club Fluvial de Lugo, +01:41,42
3.- Juan Santiago Cacharro Rielo, Club Fluvial de Lugo, +01:47,05
…
6.- NOEL GARCÍA EDROSA, CLUB KAYAK DE FOZ, +02:23,29
7.- JUAN RIVAS RODRÍGUEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +02:52,64
13.- PASCUAL FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +08:55,57
Xuvenil Masculino K1 (5.000 metros)
1.- Bran Fernández García, Club Fluvial de Lugo, 20:02,10
2.- Noé Vila Muñoz, Club Fluvial de Lugo, +00:17,04
3.- Alberto Rodríguez Villamor, Club Fluvial de Lugo, +02:24,40
…
8.- JESUS ALARCÓN MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +07:23,74
E, entre os sénior e veteranos, tomaron a saída o 50% das embarcacións inscritas: 22 de 46. Sen incidentes rematou a proba de iguais características que a anterior cun destacable segundo posto para Ramón Lanzós, do Kayak de Foz.
Senior Masculino K1 (5.000 metros)
1.- Adrián Jubón Díaz, CP Ciudad de Lugo, 24:05,24
2.- RAMÓN LANZÓS PIÑEIROA, CLUB KAYAK DE FOZ, +00:39,75
3.- Diego Antonio Vázquez Solla, Club Fluvial de Lugo, +01:15,86
Cos resultados dados, o Kayak de Foz finalizaba a xornada no terceiro caión do podio con 1.129 puntos.
CLUBS
1.- Club Fluvial de Lugo, 2104 puntos
2.- CP Ciudad de Lugo, 1705 puntos
3.- CLUB KAYAK DE FOZ, 1129 puntos
4.- CP Viveiro, 477 puntos
5.- CD San Ciprián, 434 puntos
6.- CP Altruán de Ribadeo, 424 puntos
As vindeiras citas do club Kayak de Foz son a cuarta Regata do Campionato Galego de Infantís e Alevíns A o vindeiro domingo 21 de xuño en Pontesampaio e o Campeinato de España Infantil o sábado 27 en Zamora.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
