Burela 10 xuño 2015-.Traballadoras, traballadores e veciñanza da Mariña participaron este mércores na concentración convocada pola CIG-Saúde A Mariña ás 11.30 horas na entrada do Hospital da Costa para denunciar o peche de máis de 1.200 camas durante o verán, 30 delas na Mariña, o peche de quirófanos e a paralización da actividade, mentres se mantén ou incrementa na sanidade privada. Xunto a isto, a federación da saúde alerta da destrución de emprego público e da precarización das condicións laborais no sector que isto provocará.
A CIG-Saúde acusa á conselleira de Sanidade de “irresponsábel” por pretender culpabilizar ás traballadoras e traballadores do SERGAS ao afirmar que o peche de camas se debe ás vacacións do persoal.
Lonxe disto, a CIG-Saúde afirma que “o peche de camas non está motivado polos 30 días de vacacións do persoal” e asegura que “é unha decisión do PP para incrementar o desmantelamento da sanidade pública”.
De feito, explica que mentres miles de aspirantes agardan meses ata que se actualizan as listas de contratación, o SERGAS pecha centos de camas no verán, mobilizando persoal fixo a outros servizos para substituír as ausencias por vacacións. “Con isto colápsanse as urxencias e aumentan as listas de espera mentres miles de profesionais están no paro”.
O SERGAS deriva á sanidade privada
Para a CIG-Saúde é especialmente preocupante o que suporá no eido asistencial o peche de camas. “Implicará que a Lei de Garantías non se poida cumprir na Sanidade Pública, xa que esta lei recolle que a espera para unha intervención cirúrxica sexa de, como máximo, 60 días e co peche de camas será imposíbel garantir a atención ás e os doentes nese prazo”.
A CIG-Saúde alerta de que a consellaría de Sanidade o que pretende realmente co peche de camas é provocar a derivación de doentes á sanidade privada. Lembra que xa no seu momento denunciou que na Lei de Garantías se recolle que de non cumprirse os prazos previstos na sanidade pública a atención sanitaria será realizada na sanidade privada.
Tal é así que mentres pechan camas nos hospitais públicos mantense e mesmo se incrementa, durante ese período, a actividade na privada, desde a actividade cirúrxica até a realización de probas diagnósticas.
Estes son, para a CIG-Saúde, os verdadeiros motivos do peche de camas e da paralización da actividade nos hospitais públicos.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



