Foz, 10 de xuño de 2015. O Concello de Foz ten aberto ata o día 19 deste mes ás 13.30 horas o prazo para comunicar a realización de fogueiras de San Xoan e San Pedro. Debe facerse chamando ao teléfono 982 133 159 ou na Oficina de Medio Ambiente, que está no edificio do Cenima en horario de 9 a 13.30 horas.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, fixo público un bando no que se indican as normas que deben cumprirse respecto ao acendido das tradicionais fogueiras para previr danos a persoas e bens públicos ou privados.