Vegadeo, 11 de xuño de 2015.- Este xoves pola tarde foi inaugurada a 52 Feira de Mostras de Vegadeo, que neste 2015 está dedicada á luz. O acto presidírono a alcaldesa en funcións, Begoña Calleja, e o conselleiro de Economía e Emprego do Principado de Asturias, Graciano Torre.
A rexedora dixo no seu discurso que “este é un dos momentos máis importantes que ten o noso concello ao longo do ano. É unha honra presentarlles unha nova edición da Silvallana. En cada ocasión contamos con ese espírito da feira, que fai 52 edicións xa os pais fundadores desta Silvallana trouxeron ata o pobo e que segue vivo grazas ao espírito de Vegadeo. Cando cumprimos medio século de feira preguntábannos por que unha feira aquí, no occidente do Occidente de Asturias, sobrevivía a pesar de todas as dificultades, como unha feira así podía cumprir medio século de existencia. A nosa resposta sempre era porque o pobo así a fai, respéctaa e vívea”.
Calleja recordou que “hai 10 anos, cando eu cheguei a Vegadeo foi unha sorpresa ver que xa o venres de feira que o día bulía como hoxe: todo o mundo estaba na rúa preparado e eran feiras en Vegadeo. Dende a escola de música, vendo que ninguén aparecía a clase porque xa era venres de feira, nese momento souben a importancia que tiña esta feira para este pobo. E como a feira é grande e o pobo tamén chegamos a unha edición número 52. Sempre pensamos que La Silvallana ten un espírito de renovarse, pero tamén de non perder nunca a súa esencia”.
A alcaldesa de Vegadeo manifestou que “para min é un momento moi especial, é unha feira coa que vou pechar unha etapa persoal e política; e sen dúbida é un broche de ouro que moi poucos alcaldes poden ter: con esta inauguración e con esta feira. Quero darvos os meus mellores desexos para estes catro días importantes. Para min van ser especiais porque esta é a culminación dun sono cumprido. Douvos as grazas a todos os que así o fixestes. Eu volvín a España no ano 2005, despois dun periplo de estudos polo estranxeiro, e recaín neste pobo, o primeiro dos meus destinos, para facer unha substitución de tres meses, que ao final se converteu na miña praza fixa e no sitio onde encontrei o meu marido, onde traxe á miña familia e onde tiven o máis importante que teño, que é a miña pequena Amalia. Eu débolle todo a este pobo e por iso quero, ademais de felicitarvos e de darlle a representación e o respecto institucional que merece, dicirvos que esta é a satisfacción dun deber cumprido, quero desexarlle á nova Corporación moita sorte. A este pobo débollo todo e agradézollo todo. O meu sono está cumprido, esta é unha gran feira e seguirao sendo. E alá onde vaia sempre estarei agradecida. Esta será a miña feira e direi con orgullo que fun alcaldesa deste pobo e Vegadeo sempre será o meu pobo”.
O conselleiro de Emprego e Economía, Graciano Torre, tamén incidiu na importancia de La Silvalla: “hoxe en Asturias das múltiples feiras que había entre xuño e setembro quedan exclusivamente catro: a feira de mostras de Gijón, a de Tineo, a de Vegadeo e a de San Martín del Rey Aurelio, de onde, por certo, é natural a alcaldesa. O resto, por unha ou outra razón, foron desaparecendo. Convén entón preguntarse por que estas feiras se mantiveron e outras desapareceron. E efectivamente comparto que se permanecen é porque os veciños e veciñas dos lugares onde se celebran a aprecian, as queren e as apoian. Vir aquí ano tras ano é ver moitos expositores, a moitas persoas detrás dos case 100 postos que hai no interior do recinto, que están un ano si e outro tamén; en definitiva, confían nesta feira. E teño que dicirlles que creo que fan ben”.
Ao acto de inauguración asistiron alcaldes do Occidente astur, o director xeral de Comercio do Principado, así como deputados e concelleiros da Corporación saínte e da que tomará posesión o próximo sábado e o futuro rexedor, César Álvarez. Despois dos discursos as autoridades realizaron unha visita ao recinto feiral, que por segundo ano consecutivo conta coa presenza de postos procedentes de Portugal, que veñen a promover a súa gastronomía e a súa riqueza turística.
A xornada deste venres está dedicada a terceira idade e á infancia. Pola noite terá lugar o concerto de Kepa Junkera con Sorginak, no parque do Medal, a partir das 23 horas. Trátase do prato forte desta 52 edición de La Silvallana, que se prolongará con infinidade de actividades ata o próximo domingo, 14 de xuño: exposicións, talleres, xogos infantís e xuvenís… Máis de 100 expositores participan nesta cita, na que o gando, a maquinaria agrícola ou a alimentación teñen unha presenza moi importante, ademais doutros sectores como o téxtil ou o automóbil.






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



