Santiago, 16 de xuño de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defenderá este mércores na sesión da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia unha iniciativa na que reclama que o novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) inclúa medidas específicas para financiar a modernización e mellora da competitividade das PEMES dedicadas á transformación dos produtos do mar, así como tamén de apoio á súa internacionalización.
Así o plasman os populares nunha proposición non de lei rexistrada no Parlamento galego, na que defenden que este apoio á industria conserveira cabe entre os obxectivos de impulso do desenvolvemento territorial equilibrado e integrado das zonas pesqueiras que persegue o novo FEMP e que cita literalmente entre os seus obxectivos.
Valor engadido aos produtos do mar
Ademais, o Grupo Popular recorda que as fábricas de conservas non só teñen un impacto directo na vida das poboacións onde se asentan, senón que ademais serven para dar un maior valor engadido a produtos do mar como o atún ou o mexillón galego, que están contribuíndo ao auxe do sector tanto no mercado interior como exterior (cun incremento do 3 por cento nas súas exportacións o último ano)
Desde o Grupo Popular se defende a necesidade de seguir apoiando a este tipo de empresas, en especial ás de pequeno e mediano tamaño, que teñen menor posibilidade de acceso a outro tipo de recursos financeiros, para contribuír a facelas máis competitivas e gañar músculo.
Balseiro propón aproveitar os instrumentos que crea o novo FEMP e incorporar medidas específicas para impulsar tamén o acceso destes produtos a novos mercados, a través de distintas estratexias de internacionalización
A conserva en Galicia
A conserva galega é probablemente o ámbito máis forte e significativo da cadea mar-industria. Segundo os últimos datos oficiais, Galicia produciu preto de 294.000 toneladas de conservas e semiconservas de produtos da pesca marisqueo e da acuicultura, cun valor económico próximo aos 1.290 millóns de euros, o que representa máis do 85 por cento da produción en España.
O apoio á industria conserveira, actividade prioritaria do Goberno galego, ten que ver tamén como súa importancia social e laboral en moitas localidades costeiras, indica Balseiro. De feito a conserva galega xera, ademais, o 78 por cento do emprego deste sector, na maioría feminino, unha man de obra e actividade que fai do noso país a primeira zona produtora da Unión Europea e a segunda do mundo.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



