Mondoñedo, 25 de xuño de 2015.- O Concello de Mondoñedo rematou as obras de limpeza e de desbroce da Ruta da Auga. Dende o goberno local resaltan a importancia de “coidar e acondicionar” esta ruta que supón un importante atractivo turístico natural da localidade.
Dende o goberno local explican que tamén se prevé actuar e realizar as obras de limpeza necesarias nas Ruta da Rochas e na da Fraga Vella. Unha brigada subvencionada a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia é a encargada de desenvolver estas actuacións, coordinada pola Concellería de Servizos, Urbanismo e Obras.
O equipo de goberno local lembra que en ocasións veciños e visitantes que se decidiron por facer esta ruta, víronse obrigados a abandonala dado o lamentable estado que presentaba, froito da falta de coidado e de limpeza do bipartito (BNG e PSOE). Agora “consideramos necesario manter en bo estado esta ruta, para que a podan desfrutar os que o desexen”.
A limpeza e o desbroce, actuacións urxentes
Dende o Concello de Mondoñedo están a dar resposta ao compromiso urxente de acondicionar a localidade. Así, están a realizar labores de limpeza e de desbroce nas parroquias a maiores de actuar, por exemplo, no empredrado da localidade. Polo tanto, un dos compromisos do actual equipo de goberno é o de realizar unha planificación dos desbroces, un traballado ao que lle están a dar resposta.