Lugo, 7 de xullo de 2015.- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, copresidiron este martes a reunión da xunta local de seguridade, na que analizaron os datos da delincuencia no municipio no que vai de ano, da que se desprende un lixeiro descenso das infraccións penais, mantendo a tendencia iniciada a finais de 2013.
Se ben, na reunión recoñeceuse un lixeiro aumento dos delitos contra o patrimonio, marcado principalmente polos roubos en vivendas que se rexistraron durante os meses de abril e maio, sobre todo en vivendas unifamiliares de zonas illadas ou segundas residencias, onde os delincuentes teñen máis facilidades para actuar sen seren sorprendidos.
O subdelegado dixo ser consciente da preocupación cidadá e asegurou que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado intensificaron a vixianza. Ademais, animou aos veciños a tomar medidas de autoprotección para evitar roubos en vivendas que quedan baleiras, como dar a sensación de que a vivenda está habitada, pechar portas e fiestras, non comentar os plans de viaxes con descoñecidos ou nas redes sociais e evitar gardar obxectos de valor no caso das segundas residencias.
Os membros da xunta local de seguridade destacaron o traballo “eficiente e minucioso” dos corpos policiais para tratar de “seguir rebaixando o volume de delincuencia” no municipio e valoraron o elevado grao de eficacia acadado no esclarecemento dos feitos delictivos que se chegan a producir. No que vai de ano, a Garda Civil detivo a 15 persoas en Ribadeo pola súa implicación neste tipo de feitos.
EVENTOS FESTIVOS
No transcurso da xuntanza desta mañá acordouse tamén reforzar a vixianza por parte dos distintos corpos policiais durante estes meses de verán, nos que a localidade mariñana ve multiplicada a súa poboación, especialmente no transcurso das celebracións máis destacadas, como o Ribadeo Indiano ou as festas patronais.
Así, e aínda que o Concello se encarga de deseñar os respectivos dispositivos de seguridade atendendo á súa competencia, adiantouse que os efectivos de Policía Local reforzarán a súa labor e contarán coa colaboración da Garda Civil para velar polo mantemento da orde pública e previr a comisión de posibles feitos delictivos.
PLANS PARA MAIORES E ESCOLARES
O subdelegado do Goberno informou tamén do traballo realizado polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para favorecer a seguridade dalgúns dos colectivos máis vulnerables, como as persoas maiores ou os escolares. Neste sentido, Ramón Carballo referiuse ás charlas impartidas no marco do Plan Maior de Seguridade, posto en marcha polo Ministerio, nas que os axentes informan ás persoas de máis idade dos riscos que constitúen unha maior ameaza para a súa seguridade e as medidas de autoprotección que poden adoptar.
En canto aos escolares, o subdelegado aludiu a outro plan posto en marcha a nivel nacional, o Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos, neste caso dirixido á comunidade educativa. Así, no curso 2014/2015, impartíronse 13 charlas en centros educativos de Ribadeo sobre temáticas como o acoso escolar, o riscos do uso inaxeitado de internet e as novas tecnoloxías, a prevención de incendios ou o consumo de drogas. No mesmo período, beneficiáronse do plan 127 centros de ensino e máis de 14.500 alumnos en toda a provincia.
Na reunión deste martes participaron, ademais do subdelegado e o alcalde de Ribadeo, representantes da Garda Civil, a Unidade de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local, entre outros.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



