Foz, 7 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, vén de presentar o programa das Festas do Carme 2015, organizadas pola asociación Sempre Foz e polo propio Concello. As festas comezan o día 13 de xullo de durarán até o 18 cun programa repleto de actividades musicais, xogos infantís e a tradicional alfombra floral que acompaña á procesión da Virxe. O alcalde subliña que outros eventos desta fin de semana servirán de antesala á festa: “durante esta fin de semana vanse celebrar moitas actividades ligadas á propia festa do Carme. Podemos falar da décima edición de Sons da Rúa e do Festival Vrao, que é un festival galego de música independente que terá lugar durante toda esta fin de semana. Temos as horas de fútbol sala tamén e moitas outras actividades paralelas ás festas”.
Castiñeira explica que “o programa propio das Festas empeza o 13 de xullo co IV Festival Coa Nosa Fala que se realiza no Campo da Cabana e que organiza o Concello de Foz”. A cita reunirá, a partir das 22 horas no Campo da Cabana, con entrada gratuíta, á cantante Alba María, a moza gañadora do I Festival de Música de Autora en Galego do Concello de Teo en 2014, e ao dúo composto pola cantante Uxía e Narf, ámbolos dous músicos cunha traxectoria consolidada que presentarán en Foz o seu primeiro disco conxunto, Baladas da Galiza imaxinaria.
A programación do Carme continúa o martes 14. O alcalde indica que ese día a “é a Misa da Novena na igrexa parroquial e o mércores empezaría o programa propia coas verbenas. Teríamos a misa ás oito da tarde e despois o pregón a cargo de Andrés Hermida, secretario general de Pesca do Ministerio de Medio Ambiente e ao remate teremos o chupinazo na igrexa parroquial. A partir das 22:30 horas haberá a gran verbena de vésperas do Carme coas orquestras Paladium e Tequila. Durante toda a noite teremos decoración das rúas para esa alfombra floral para entrar xa no día importante do Carme, o 16 de xullo. Ás 12.00 comezará a misa solemne cantada polo Coro Parroquial, na que estará o vicario responsable do Bispado Mondoñedo-Ferrol. Logo teremos a procesión e a partir das seis da tarde haberá diferentes actuacións, dende xogos infantís ata misa na honra dos náufragos e a ofrenda floral, e seguiremos coa verbena coas orquestras Esencia e Claxon”. O Paseo da Ribeira acollerá os xogos infantís e as verbenas celebraranse, como todos os anos, na explanada do Porto.
O alcalde de Foz engadiu que “xa o venres seguiremos coa edicións de Sons da Rúa, onde teremos a rondalla Latexos, e un concerto do grupo Eva al Desnudo na praza Conde de Fontao. Xa enganchamos ca fin de semana do 18 de xullo con cantidade de actividades”. Entre elas están o XXXI Aniversario da Coral Polifónica de Foz no Parque Rosalía de Castro e o XVI Festival Aires do Masma na Praza Conde de Fontao. Castiñeira destaca que as Festas do Carme deste ano teñen “un programa intenso e agradecemos dende o Concello de Foz a iniciativa deste grupo de veciños de Sempre Foz, que colabora e organiza as Festas do Carme e do San Lourenzo. Pido axuda por parte de todos os veciños, hostaleiros e comerciantes para que esta festa poda saír adiante. É un esforzo importante e axúdannos moito a formar este programa tan intenso de verán que temos no concello de Foz”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



