Burela, 7 de xullo de 2015.- O Concello editará esta semana un bando con recomendacións para os propietarios de animais de compañía. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha chamada de atención para que esas persoas se comporten de xeito cívico recollendo os excrementos das súas mascotas da rúa.
O rexedor dixo que “temos xa listo o borrador dun bando para tentar corrixir unha serie de malos hábitos que detectamos nalgúns propietarios de animais de compañía, basicamente de cans, que deixan tirados na rúa os excrementos das súas mascotas. Recibimos xa queixas neste sentido e como queremos ter un pobo limpo, saneado, coidado e nada abandonado é por iso que preparamos este bando”. Llano asegurou que “no Concello non queremos que os animais poidan campar ás súas anchas en Burela, senón que consideramos que hai ter un comportamento cívico e hai que pensar na hixiene e na estética do noso pobo. Por iso imos editar un bando esta semana. Na primeira parte van unha serie de recomendacións para os propietarios de animais de compañía que saen de paseo pola rúa, e despois vai unha chamada de atención para cumprir unha serie de normativas, que é bo que se teñan en conta porque iso significa que a xente ten mentalidade de comportarse correctamente e de respecto cara os demais. E na segunda parte establecemos unha serie de criterios, para que a quen sexa reincidente e non recolla os excrementos das súas mascotas se lle aplique unha sanción que oscilará entre os 30 e 90 euros, en principio. Non se pode notar que os cans estiveron pola rúa”.
O alcalde de Burela fai unha chamada de atención “sobre o deber cívico de ter un concello limpo e si se ten un animal de compañía hai que cumprir cunha serie de normativas para que todo o mundo se acostume a facelo correctamente. Queremos a mentalizar á xente que ten animais e penso que todos llo agradeceremos”.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



