7 de xullo de 2015.- A directora xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Begoña Nieto, presentou este martes nas proximidades do municipio de Foz, as obras de construción do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico que o Departamento executa e financia cun orzamento de 784.914 euros.
O camiño en execución ten unha lonxitude total de 133 km, e discorre polos termos municipais de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo. A anchura proxectada para a plataforma do camiño é variable entre 1,50 e 4,50 metros, con terminación de firme en zahorra artificial, madeira, terra e aceirados.
Este Camiño Natural é unha ruta deseñada para ser percorrida por sendeiristas e ciclistas. Ao longo do percorrido pueden atopaser tres das catro Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPAs) existentes na provincia de Lugo e outros tantos Lugares de Interese Comunitario (LIC).
Ademáis pódense visitar lugares cun grande patrimonio histórico. Coa creación deste Camiño tamén se pretende favorecer o desenvolvemento sostible da zona mediante a potenciación dos recursos económicos coa promoción do seu uso e a divulgación a nivel nacional e internacional.
As rutas permiten combinar un variado grupo de usos de carácter social (sendeirista, peonil, ciclista, etc.), favorecer a conservación do patrimonio cultural e tradicional e potenciar o desenvolvemento socioeconómico das zonas rurais grazas á fixación da poboación pola revalorización e dinamización dos núcleos de poboación incluidos no trazado.
A presentación das obras foi precedida por unha visita á exposición “Red de Caminos Naturales” que permanecerá aberta ata o 15 de xullo na Sala de exposicións temporais da sé do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) na Coruña. Allí o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente expón ó público a situación actual da rede de Camiños Naturais, que conta actualmente con máis de 8.800 kilómetros y algo más dun cento de camiños construidos, desde a súa posta en marcha polo Ministerio en 1993.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



