Santiago, 11 de xullo de 2015.- `Galicia, a todo tren’. Este é o programa de trens turísticos de Galicia que pon en marcha un verán mais Turismo de Galicia e que este sábado inicia a Ruta do Viño do Ribeiro-Rías Baixas, entre Ourense e Arbo, e a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos, entre Santiago de Compostela e Vigo. Ademais, este sábado tamén circulará o tren da Ruta dos Faros, entre Ferrol e Ribadeo, e o domingo farao por segunda vez o tren das Rutas dos Viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra. A ocupación dos trens turísticos este fin de semana será do 87,50% e viaxarán completos os trens da Ruta dos Faros e dos Pazos e Xardíns Históricos.
Este sábado, o Tren da Ruta do Viño do Ribeiro-Rías Baixas partirá da estación de Ourense para achegarse a Arbo, onde os viaxeiros visitarán unha adega e o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea de Arbo. Logo, haberá unha visita á vila de Ribadavia e ao mosteiro de San Clodio de Leiro.
Pola tarde, tras visitar este mosteiro, os viaxeiros trasladaranse ao castro de San Cibrán de Las. Máis tarde, visitarase a estación de Santa Cruz de Arrabaldo e o seu museo que acolle distintas coleccións. De aquí partirase cara a estación de Ourense, onde rematará a viaxe.
Tren da Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos
Canto ao tren da Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, partirá mañá da estación de Santiago de Compostela e fará a primeira parada en Vilagarcía de Arousa para que os viaxeiros poidan visitar o Pazo de Rubiáns e a súa contorna, recoñecida como ‘Xardín de excelencia internacional de camelias’.
Logo, o tren dirixirase cara á estación de Arcade e desde aí, os viaxeiros trasladaranse ata Soutomaior para visitar o pazo do mesmo nome, cuxo xardín tamén conta coa distinción de excelencia internacional de camelias.
E, desde Soutomaior a Vigo para visitar o Pazo de Quiñones de León onde os ocupantes do tren poderán contemplar o seu xardín e admirar o ‘matusalén dos camelios’, situado nesta contorna.
Outras ofertas deste fin de semana
Ademais do tren turístico do Ribeiro-Rías Baixas, este sábado funcionarán os trens turísticos da Ruta dos Faros, entre Ferrol e Ribadeo, que circula todas as fins de semana do programa e que está completo ata o 15 de agosto, e o tren da Ruta do Viño de Valdeorras e Ribeira Sacra, entre Ourense e A Rúa cunha ocupación do 93%.
Os trens turísticos de Galicia estarán en servizo entre os meses de xuño e setembro, en sete rutas distintas: Faros, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras-Ribeira Sacra, O Ribeiro-Rías Baixas e Pazos e Xardíns Históricos.
Pódese consultar o calendario dos trens turísticos de Galicia na páxina web de Turismo de Galicia así como na da compañía ferroviaria RENFE, onde tamén se poderá reservar o billete.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



