Ribadeo, 16 de xullo de 2015. O concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, presentou este xoves a programación cultural para os meses de verán, un calendario no que a música terá un lugar destacado.Tras a Feira do Libro e o Ribadeo Indiano, as propostas de ocio continúan tamén parellas á literatura e á historia, posto que este anos as XIII Xornadas de Historia Local, organizadas pola A.C. Francisco Lanza, estarán dedicadas á presenza de Ribadeo no universo literario. Celebraranse o 30 e o 31 de xullo.
A arte e as exposicións van ter un punto de referencia no forte de San Damián e na OMIC. “Imos poder ver exposicións ao longo de todo o verán. Onte, mércores 15 de xullo, inaugurouse a exposición de fotografías de Xosé Reigosa, titulada De Marbella a Torremolinos: imaxes de manicomio. Se teñen un anaquiño achéguense ata o Forte de San Damián entre os días 15 e 29 de xullo. En agosto será o momento de contemplarmos a exposición Mariñarte, arte contemporánea, dos días 15 ao 19. Como non, achegarémonos ata a OMIC, en Turismo, para lembrarmos os 60 anos de vida, e historia, e sobre todo música, da nosa Coral Polifónica de Ribadeo”, sinalou Farruco Graña.
A programación dirixida aos cativos pasa polos contacontos e o teatro. O concelleiro de Cultura contou que “teremos tempo tamén para deleitar os nosos oídos e o noso maxín cos contacontos que nos van visitar ao longo de agosto. E, por suposto, para ver teatro: infantil, con Migallas Teatro o 29 de xullo e o seu musical Canta connosco, e os Quinquilláns, o 12 de agosto, que van inundar de teatro as nosas rúas. O Grupo de Teatro de Ribadeo tamén colabora neste verán cheo de cultura. O grupo teatral Circo Pistacatro vai facer as delicias dos pícaros e pícaras que se acheguen polo parque de San Francisco”. Este último evento terá lugar o día 19 de agosto no parque de San Francisco.
Dentro da programación de verán haberá momentos para a solidariedade, da man da Gala Benéfica ANIDAN, que se celebrará o día 15 de agosto no Auditorio, ou do Mercado a favor da AECC, que se poderá visitar o día 7 no parque de San Francisco. A gastronomía e a cultura popular tampouco faltarán, con citas xa tradicionais do verán ribadense como son a Festa da Carne ao Caldeiro de Remourelle, a Festa do Percebe de Rinlo, o Día da Malla nas Anzas, ou a Mostra Folclórica, de música e danza, no Auditorio Hernán Naval.
O edil nacionalista fixo fincapé no lugar privilexiado da música no repertorio de eventos de xullo e agosto: “non podía ser doutro xeito nun pobo que ama tanto a música. Xa puidemos escoitar un excelente Festival de Habaneras, no Ribadeo Indiano, organizado pola Coral Polifónica de Ribadeo. Imos poder escoitar de novo á nosa Coral Polifónica tanto na celebración do seu Concerto 60º aniversario, así como nas celebracións relixiosas máis destacadas do verán. Tamén a Banda de Música Municipal de Ribadeo vai dar varios concertos (no Ribadeo Indiano xa actuou, no 25 de xullo, en Cabanela, en San Roque, e ao longo do mes de agosto coas súas seccións de percusión, de vento-madeira e vento-metal”.
Presentado esta mesma semana, Graña lembrou que o IV Festival de Jazz & Blues, entre os días 18 e 26 de xullo, permitirá a quen se chegue á vila “gozar de moi boa música, ben sexa na Praza do Cantón, ben sexa no Auditorio Hernán Naval. O repertorio de artistas é de alta calidade, con premios de referencia internacional. Outra cita ben consolidada, xa que celebra esta edición os seus dez anos é o FIMCR (Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo), que de desenvolverá entre os días 19 e 24 de agosto. Intérpretes da valía do violinista Frederieke Saeijs, o violonchelo Tsuyoshi Tsutsumi, o clarinete James Campbell ou Leopoldo Erice, ao piano, xunto coa participación da Banda de Música Municipal de Ribadeo, da Coral Polifónica de Ribadeo e de Toni Deaño, de seguro vannos deixar un grato recordo”, seguiu a relatar Farruco Graña, que engadiu que: “trátase de todo un verán cheo de vida e de cultura. Aproveitémolo. Para estar máis informados recomendámoslles que se sumen á lista de correo de Cultura Ribadeo e que visiten no facebook o noso muro. Alí poderán atopar cumprida información de todas estas actividades”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



