Ribadeo, 21 de xullo de 2015.- O salón de plenos acolleu a recepción ofrecida polo Concello a María Díaz e Nerea Lago, as campioas de España en dobre scull alevín feminino do Club de Remo de Ribadeo.
Na súa intervención o alcalde, Fernando Suárez, dixo que “é un mérito que estas rapazas sexan de Ribadeo, e que ademais sexan mulleres”. E desexoulles sorte de cara á vindeira tempada. O rexedor explicou que esta recepción se levou adiante porque cando María e Nerea estaban a competir foi cando se celebrou a gala do deporte do Concello na que se homenaxeou a todos os deportistas que destacaron nas súas modalidades en Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, David Rivas, asegurou que se trataba dun momento emocionante e complicado para el, dada a súa vinculación co Club de Remo de Ribadeo e comentoulles a María e Nerea que “tedes os mellores adestradores que podedes ter, aproveitádeos para seguir traballando e recollendo triunfos”. E subliñou que “chegar a gañar unha medalla de ouro con menos dun ano de adestramento en un club con menos dun ano de vida ten moito máis mérito”.
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, amosou a súa dobre satisfacción “pola medalla e por ser mulleres, que destacades nun deporte moi masculino”.
Ao final do acto alcalde e concelleiros fixéronlles entrega duns trofeos ás campioas de España en dobre scull alevín feminino do Club de Remo de Ribadeo. As rapazas estiveron arroupadas por compañeiros e compañeiras da entidade e tamén por familiares.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
