A MARIÑA .- O deputado autonómico do Partido Popular, José Manuel Balseiro Orol, asegura que a Consellería de Sanidade creou unha “comisión sanitaria de participación cidadá na que non se encontran representados ningún colectivo veciñal da Mariña lucense” e anuncia que o PP pedirá que Sanidade corrixa “esta grave anomalía outorgando a representación debida aos veciños da Mariña”. Balseiro Orol indica que a normativa “establece de xeito expreso que os representantes dos veciños nas comisións de participación cidadá deben ser asociacións con ámbito de actuación na súa área sanitaria”.
Nota de Prensa
Jose Manuel Balseiro está convencido de que a mala xestión do Goberno bipartito, ao longo destes tres últimos anos, está a traer consigo un “continuo proceso de degradación do sistema sanitario público na nosa comarca”
A AUSENCIA DE VECIÑOS DA MARIÑA LUCENSE NA COMISIÓN SANITARIA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ É “UNHA MOSTRA MÁIS DA LARGA LISTA DE DESPROPÓSITOS” NA QUE A XUNTA ESTÁ A INCORRER COA SANIDADE COMARCAL
o O PPdeG reclamará que o departamento que dirixe a socialista Maria José Rubio Vidal ofreza no Parlamento galego as explicacións oportunas e corrixa de inmediato esta “grave anomalía” outorgando a representación debida aos veciños da Mariña neste órgano chamado a controlar os problemas da sanidade comarcal.
o As largas listas de espera, os enganos sobre a incorporación de novos especialistas en servizos tan saturados como o de cardioloxía, a negativa a levar adiante a ampliación do Hospital da Costa ou o gasto de preto dun millón de euros en publicidade e propaganda, forman parte tamén da larga lista de despropósitos cos que Sanidade está a “faltar ao respecto a todos os mariñáns”.
A Mariña, 16 de setembro de 2008.- O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia (PPdeG) José Manuel Balseiro Orol afirma que a Consellería de Sanidade está a ofrecer un capítulo máis da larga lista de despropósitos que caracteriza a xestión do Goberno galego en relación co sistema público de saúde na nosa comarca. O parlamentario mariñán critica que o departamento que dirixe a socialista María José Rubio Vidal veña de crear unha comisión sanitaria de participación cidadá na que non se encontran representados ningún colectivo veciñal da Mariña lucense. Todo iso malia que a normativa autonómica que regulamenta este tipo de comisións establece de xeito expreso que os representantes dos veciños nas comisións de participación cidadá deben ser asociacións con ámbito de actuación na súa área sanitaria.
Balseiro entende como unha “burla a todos os veciños” que todos os membros da comisión de participación sanitaria con ámbito de influencia nos concellos da Mariña lucense (todos excepto no da Pontenova), pertenzan a asociacións veciñais radicadas na capital provincial, na cidade de Lugo e, ningún deles, a colectivos radicados na nosa comarca”.
NINGÚN OFRECEMENTO A ASOCIACIÓNS DA MARIÑA
Segundo parece, o Servizo Galego de Saúde unicamente limitouse a ofrecer á Federación de Asociacións de Veciños de Lugo a posibilidade de nomear a estes representantes, baseándose nun dato erróneo, isto é que esta organización aglutina a totalidade dos colectivos cidadáns da provincia. Esta decisión de Sanidade provocou que só veciños da cidade de Lugo son chamados polo SERGAS para defender os intereses dos usuarios do servizo de saúde mariñán.
INICIATIVA PARLAMENTARIA
A reacción do PPdeG non se fixo esperar e no día de hoxe rexistrou unha iniciativa a través da que reclamará que os máximos responsables do departamento que dirixe a socialista Maria José Rubio Vidal ofrezan no Parlamento galego as explicacións oportunas respecto desta situación. Xunto a iso, os populares demandan que Sanidade corrixa de inmediato esta “grave anomalía” outorgando a representación debida aos veciños da Mariña neste órgano chamado a controlar, e propoñer posibles solucións, os problemas da sanidade comarcal.
Balseiro Orol esixe “datas concretas e compromisos firmes para reverter esta situación” e empraza ao Goberno galego a revisar estes feitos pois “o ben o SERGAS na Mariña está a incumprir a normativa vixente, ou ben a normativa vixente permite que se produzan estas anomalías que precisan dunha urxente corrección” En todo caso, “estes feitos din moito da pouca estima que os señores do PSOE e do BNG ofrecen a este tipo de comisións de participación cidadá e do pouco interese que amosa o seu futuro presidente, o director xerente do Hospital da Costa, por outorgar a representación debida aos veciños da Mariña, bos coñecedores das dos problemas que ten o Hospital da Costa e os centros sanitarios locais”
CONTINUO PROCESO DE DEGRADACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
“Ás largas listas de espera, aos enganos sobre a incorporación de novos especialistas en servizos tan saturados como o de cardioloxía, á negativa a levar adiante a ampliación do Hospital da Costa ou ao gasto de preto dun millón de euros en publicidade e propaganda, que forman parte da larga lista de despropósitos cos que Sanidade parece faltar ao respecto a todos os mariñáns, debemos engadir hoxe esta novo capítulo, tan inaceptable como impropio daqueles que están chamados a xestionar os intereses de todos os veciños no ámbito da protección da saúde” -afirma o deputado popular.
Como conclusión, Balseiro amósase convencido de que a mala xestión do Goberno bipartito está a traer consigo un “continuo proceso de degradación do sistema sanitario público na nosa comarca”


















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



