Celeiro, 22 de xullo de 2015.- O venres 24 de xullo de 2015 no local do Club de Remo Celeiro-ACD PENALBA sito no Muelle Sur do Porto de Celeiro, Almacén nº20, terá lugar a presentación e bautismo de mar do batel “CHE DE SANJUÁN” ás 11:30 horas.
A Directiva da Asociación decidíu por o nome de CHE DE SANJUAN ao batel na honra do máximo impulsor e “alma mater” do Club de Remo Celeiro, inicialmente Clube de Remo Santa Ana, levando as rendas do club ata o ano 1984.
Desde ACD-Penalba invitan a todos a acudir ao acto.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



