Barreiros, 23 de xullo de 2015.- O espazo cultural Eido Dourado, de Barreiros, terá esta fin de semana unha programación especial con motivo da celebración do Día da Patria. A cita xa é unha tradición no verán da Mariña, e nela non faltará a música e a festa. A conmemoración comezará a noite do 24 nas terrazas do cámping Gaivota, a cargo do grupo A Bagunda. “Teremos a actuación dun grupo folk, que eles definen de folk de tipo republicano. É unha xente moi metida no mundo da música, teñen un longo percorrido. A actuación irá acompañada da correspondente queimada, que facemos todos os venres”, sinalou o promotor do evento, Celso Dourado.
A programación continúa dous días despois, o domingo 26, no Eido Dourado. “A partir das dez da noite, coa caída do sol, vainos acompañar Vai Trío, un trío de músicos cunha formación loable. Todos formaron parte doutros grupos, como Luar na Lubre ou Fía na Roca. O concerto vai ser no Eido Dourado e estades todos invitados. A entrada é gratuíta”, engadiu Dourado.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



