Burela, 23 de xullo de 2015.- Trinta e un anos non son nada! A XXXI edición da Feira do Bonito (31 de xullo e 1 de agosto) preséntase rexuvenecida. Os anos sentáronlle ben, o traballo realizado por Ledicia fixo que se mantivera forte e viva respetando as súas tradicións. Coas colaboracións e aportacións de este ano inténtase impulsar e dinamizar unha festa que vai máis aló do gastronómico. O bonito representa Burela, representa A Mariña de Lugo mais tamén representa unha cultura mariñeira, o xerme das nosas vilas e o sustento que fixo que chegáramos até aquí.
Na Feira do Bonito preténdese transmitir esta cultura do mar considerando vital a implicación da xente para que a valore con orgullo. Esforzándose porque os fillos do Cantábrico acudan e sintan como súa unha Feira que mezcla tradición e modernidade.
Música toda a fin de semana, descenso de carrilanas, tapas nos locais de Burela, actividades para as nenas e nenos, olimpiadas da costeira (xogos por equipos), campionato de xadrez, racións de bonito de xeito continuado e a presentación do Festival Osa do Mar compoñen un completo programa organizado por Ledicia coa colaboración de Fanto Fantini, ACIA Burela e o Concello de Burela.
A súa completa programación e importancia simbólica convírtena nun plan perfecto tanto para turistas como para toda persoa da Mariña. Desde a organización destacan o esforzo realizado para ofrecer unha Feira do Bonito atractiva para todos os públicos e animan a todos os burelaos e burelás, turistas e á xente da Mariña a asistir e participar nas actividades de toda a fin de semana.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



