Lugo, 28 de xullo de 2015.- O voceiro do Goberno, Juan Carlos Armesto, asegurou este martes que “é moi difícil atoparlle unha explicación ao voto en contra dos socialistas e nacionalistas á nosa iniciativa que permitía liderar cambios normativos, en consenso cos concellos, na recadación dos ingresos de dereito público municipal, cuxa xestión delegouse na administración provincial”.
Armesto dixo non entender que os grupos da oposición se “opuxeran a protexer a vivenda habitual dos veciños e veciñas da provincia, que é o que garantiríamos con esta iniciativa, ante o impago de tributos municipais que xestiona a Deputación. Este é o socialismo do que presumen os que din chamarse de esquerda: non protexer aos que o necesitan e hoxe en día se atopan en importantes dificultades económicas”.
“Semella que nos adiantamos e os descolocamos. Este era un paso adiante para chegar a un entendemento e continuar a tramitar estas modificacións normativas. É unha iniciativa social coa que garantiamos o cambio normativo para que nin tan sequera se dean notificacións sobre embargo das vivendas habituais ao non facer fronte ás débedas de tributos municipais e para que se fraccionen os pagos e se amplíen os prazos ante o cal están exentos os obrigados tributarios de achegar garantías nas solicitudes de aprazamento ou fraccionamento de pago”, matizou Armesto.
O voceiro deixou claro que son os socialistas e os nacionalistas os que impiden sacar adiante esta modificación. “É o Partido Popular o que está ao lado da xente, os socialistas e nacionalistas están só ao pé dos seus intereses políticos”, manifestou Armesto, ao tempo que quixo agradecer e resaltar o traballo dos funcionarios do servizos de Recadación da institución provincial.
Acordo da iniciativa presentada polo equipo de goberno e á que o PSOE e BNG votaron en contra:
ACORDO
1.- Instar á Deputación Provincial de Lugo a ampliar os prazos de pago e, tamén o límite ate o cal están exentos os obrigados tributarios de achegar garantías nas solicitudes de aprazamento ou fraccionamento de pago.
2.- Instar á Deputación Provincial de Lugo a actualizar os importes que operan na formulación das propostas de declaración de fallidos e de créditos incobrables, conxugando o principio de legalidade procedemental coa eficacia administrativa,
3.- Instar a Deputación Provincial de Lugo para que, en colaboración cos concellos, modifique a ordenanza de tal xeito que, comprobado que non existen outros bens o medios de pago da débeda tributaria no procedemento de recadación executiva, non se proceda a execución do embargo da vivenda habitual como último recurso na recadación.
4.- Instar á Deputación Provincial de Lugo a actualizar a ordenanza en todo aquelo que afecte á utilización do euro nos importes que nela figuren.
Defensa dos traballadores da Deputación
A presidenta da Deputación de Lugo asegurou este martes que se elaborará un informe “coa maior rigorosidade”, para esclarecer a situación dada entorno aos traballadores de cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, impartidos ao abeiro do Pacto Provincial polo Emprego.
Os populares presentaron unha moción para que se investigaran as circunstancias que motivaron que os monitores trasladaran queixas sobre cargos indebidos nas súas contas e pago incorrecto das súas nóminas e, todo parece indicar que, a presentación destas denuncias desembocaron en varios despedimentos.
A presidenta da Deputación dixo que dende a institución “velarase sempre polos traballadores desta casa”, polo que agradece a unanimidade adoptada nesta iniciativa para a súa posta en marcha.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



