Ribadeo, 30 de xullo de 2015.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, respondeu este xoves ás críticas do PP ribadense por non asistir onte ao acto celebrado en Mondoñedo tras a declaración do Camiño Norte como Patrimonio da Humanidade. O rexedor argumentou que o traballo no Concello lle impediu acudir e que ademais o goberno autonómico ten débedas pendentes co Camiño ao seu paso polo municipio.
Ao rexedor parécenlle “un pouco curiosas as críticas que me fai o representante do PP porque non fun onte a Mondoñedo. Non fun non por unha cuestión caprichosa, senón porque moitos asuntos de especial interese para Ribadeo me requiriron estar a pé de obra aquí na vila e aquí na Alcaldía con todos os veciños e veciñas. En todo caso, o que si é certo, é que o presidente da Xunta tamén puido vir por Ribadeo, sobre todo porque no que ten que ver co Camiño Norte de Santiago, e o que ten que ver con Ribadeo, co PP na Xunta e o seu presidente a cabeza, teñen varias débedas pendentes con Ribadeo”.
O alcalde lembrou as xestións realizadas para a construción dun novo albergue de peregrinos: “en primeiro lugar está un novo albergue de peregrinos, que o goberno bipartito anterior deixou encarreirado, cun documento asinado co bispado de Mondoñedo-Ferrol e que o goberno da Xunta dende 2009 ata hoxe deixouno en vía morta. Permitiu que ese edificio, o antigo colexio das monxas, fose caendo, e ao final o Concello de Ribadeo tivo mesmo que acabar sancionando ao bispado de Mondoñedo-Ferrol, o que lle provocou a esta entidade relixiosa que tivera que facer unha serie de obras de acondicionamento, como non podía ser doutra maneira, tanto da fachada como da cuberta. Logo enterámonos de que unha parte moi importante desa obra foi financiada pola Xunta de Galicia. É dicir, diñeiro público que serviu para financiar unha obra, pero que non chegou a servir nunca de albergue”.
Suárez Barcia confía “e gustaríame que ese novo albergue que se está proxectando no Camiño Norte de Santiago sexa precisamente para a porta norte de Galicia, para Ribadeo, xa que teñen a ubicación, xa que pagaron con fondos públicos unha parte desta rehabilitación que o Concello ordenou hai xa un par de anos. Queremos que vaian indo a máis, que se acaben as obras e que se constitúa un auténtico albergue de peregrinos, que dea satisfacción aos actuais, que aínda que funcionan moi ben estes dous que temos, un do Concello e outro da Xunta, pero que a día de hoxe son insuficientes”.
Outra das demandas de Suárez é a sinalización do Camiño, outro dos ámbitos no que o alcalde entende que hai desatención por parte da Xunta: “tamén é importante que dende o Xacobeo nos fagan caso ao que dende hai anos lles levamos requirindo: que melloren a sinalización, para que moitos dos peregrinos que se perden con esa sinalización tan pequena e tan escasa que lles pedimos, pero que non son quen de levar adiante, a ver se por favor o poden facer”.
Finalmente, o alcalde convidou ao presidente Alberto Núñez Feijóo a achegarse a Ribadeo e atender os seus compromisos coa vila: “non terei ningún problema en recibir ao presidente da Xunta cando queira vir a Ribadeo porque hai moito tempo que non vén por aquí. Incluso podería traernos ese cheque dos 500.000 euros da residencia que tanto se comprometeron coa boca grande, pero que logo coa boca pequena fan o imposible por non dárnolo. Aínda que a estamos levando adiante e a estamos construíndo igual, amólanos moito que Ribadeo non poda ser como outros concellos, coma Foz por exemplo, onde a residencia é financiada integramente pola Xunta de Galicia”.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



