Viveiro, 3 de agosto de 2015.- A Directiva da Asociación Fraga das Saímas ven de organizar este sábado, 1 de agosto, unha sardiñada no refuxio do Candaoso con motivo da celebración da súa VIIª Edición do Día da Socia.
Un ano máis o colectivo feminino quixo celebrar esta festa da Socia na explanada do curro do Candaoso, por ser un lugar ideal para gozar dunha xornada de convivencia cos seus familiares e amig@s e onde a Fraga das Saímas descansa a súa carón, unha das paraxes máis fermosas e co maior patrimonino natural da contorna.
A preparación da rica sardiñada con cachelos, acompañada de lacón asado, empanadas e chourizos correu a cargo das membros da Directiva acompañadas das súas inestimables e voluntariosas/os socias e amigos que comezaron a preparar esta xornada gastronómica a partires das 12.00 horas. Este gran equipo de voluntarios (Paco, ao fronte das barbacoas, Carmiña, Teresa, Josefina, Tonecho, Sandra, Rosa…) fixo posible que un ano máis a Sardiñada do Candaoso fora un éxito e que as cento vinta e catro persoas, entre socias, familiares e convidad@s, asistentes á celebración do Día da Socia da Fraga das Saímas gozaran degustando un suculento xantar en compañía dos seus seres querid@s e veciñ@s.
A sesión vermut correu a cargo do Dúo Suso que, mentras ían chegando os invitad@s, animaron a festa coa súa música e as últimas tendencias musicais do verán.
Logo do xantar as socias e os seus acompañantes tiveron ocasión de gastar as calorías inxeridas na sesión de baile amenizada polo Dúo Suso e a súa discoteca móvil. Prolongándose a festa ata perto das 23.00 h. da noite. Ao longo da tarde a Presidenta da asociación Fraga das Saímas agasallou con papaventos, brúxulas e libretas aos asistentes máis pequerrech@s, paralelamente á celebración de dous sorteos sorpresa entre @s convidados, organizados pola Directiva do colectivo feminino, e cuxos premios recaeron nas socias Azucena e Elvita.
Pasadas as 22.30 h. da noite as socias e convidados comezaron a retirarse, non sen antes anotarse máis dunha quincena para participar no roteiro cultural anual “Turisteando por Terras Lucenses” que a asociación está a organizar para a 2ª quincena de setembro.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



