Viveiro, 4 de agosto de 2015.- A agrupación local da AECC continúa coa celebración dunha serie de actos para concienciar os veciños de Viveiro e da Mariña da necesidade de contar coa implicación de todos na loita contra o cancro.
Se este martes se inauguraba unha exposición benéfica de fotografía e pintura na sala multiúsos do Concello de Viveiro e que permanecerá aberta ata o próximo Sábado, onde os artistas que expoñen as súas obras son: Dona Marta Barros Carnero, Dona Catalina Fernández Cao e Don José Manuel Trujillo. O próximo Xoves día 6 de Agosto celebrarase ” A MARCHA CONTRA O CANCRO COVAS–CELEIRO” que partirá ás 10:00 da mañá dende “A Fonte” en Covas.
Para a marcha fixéronse camisetas conmemorativas do evento que están xa a disposición das persoas que puidesen estar interesadas en colaborar cun donativo de 5,00 € nos seguintes establecementos: Deportes Don Balón, libraría Porta Da Vila, Óptica Rosario en Viveiro Mercería Silvia, Lenzaría Encantos en Cantarrana e libraría Echezárraga en Covas.
Ese mesmo día haberá colocadas sete mesas de colecta en distintos puntos de Viveiro: Orfeo, Plaza dá Fontenova, Praza Maior, Peixaría, A Fonte en Covas, Cantarrana e Celeiro, coa finalidade de recadar donativos para a loita contra o cancro.
A AECC de Viveiro desexa que sexa do interese de todos e un éxito de participación como en anteriores convocatorias.