Foz, 4 de agosto de 2015.- Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o encargado de ler o pregón das festas de San Lourenzo, as patronais de Foz. Así o anunciou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que destacou a contribución do profesor á historia do instituto focense e á vila. Rodríguez fará lectura do pregón o próximo venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz.
“A comisión de festas Sempre Foz xunto coa Concellería de Cultura decidiu nomear como pregoeiro do San Lourenzo 2015, festas patronais de Foz, a Nemesio Rodríguez, que durante case 35 anos foi director do IES de Foz e neste mesmo ano deixou esa labor de dirección por ver cerca a súa feliz xubilación. Polo tanto no nome de todos os focenses e da comisión de festas Sempre Foz facemos esa pequena homenaxe a unha persoa que dedicou moitísimo tempo da súa vida a sacar adiante un instituto de Foz que a día de hoxe vive un momento fabuloso. Foi precursor en moitas das actividades que se están a facer tanto na Escola de Hostalería como noutros departamentos do instituto e é referencia en moitos estudos como poden ser Cociña ou Hostalería”, resaltou Castiñeira. “A verdade é que todos estamos en débeda con Nemesio e estamos moi contentos de que aceptase este reto de dar por iniciadas as festas de San Lourenzo 2015, porque é unha persoa ben representativa e querida no concello de Foz e que sen dúbida algunha merece ese recoñecemento de todos os focenses”, engadiu.
O alcalde chamou tamén á participación e anima “a todas as persoas a que o próximo venres ás oito e media da tarde se acheguen á Casa da Cultura de Foz, onde daremos inicio a esas festas e se dará lectura a ese pregón por parte de Nemesio Rodríguez”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.