Durante estes días, os xogadores e xogadoras laranxas sométense ás correspondentes exploracións médicas na clínica médico-cirúrxica burelá Virxe da Mariña (avenida Arcadio Pardiñas, número 145), para control e exame da preparación física. Xunto aos recoñecementos da pretempada, os equipos masculino e feminino tamén estarán supervisados polos especialistas do centro durante a competición ligueira.
Coñece máis en www.clinicavm.es.