O Burela FS Pescados Rubén cumpriu co seu primeiro compromiso de pretempada onte en Luarca cun triangular con cara e cruz de puntería laranxa.
A escadra de Daniel Ibañes topouse con dous rivais acazapados; fronte a Occidente de Asturias o dominio reflectiuse á perfección no marcador, con dous tantos dun correctísimo Chino, adornados por un precioso disparo de Renato desde 30 metros, que sorprendeu o meta rival, en posición adiantada. Con Boal, os laranxas bateron contra a súa falta de acerto de cara á portería; o partido decantouse polos asturianos no último minuto, nunha xogada de estratexia en saque de falta desde a banda, que materializou Luisín.
O Boal, que tamén se impuxo ao conxunto de Occidente de Asturias no primeiro partido (3-1), alzouse co título.
Noia, de Segunda B, será o próxima rival dos mariñanos o sábado, 22 de agosto, na Fonsagrada (18.30 horas).
Burela FS 3-0 Occidente de Asturias
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Chano, Chino e Jorge, cinco inicial; tamén xogaron Isi, Iago Rodríguez, Carlitos, Antoñito, Renato, Rubén, Daniel, Hélder.
Occidente de Asturias: Luis Manuel, Tomás, Pedro, Isaac, Daniel Fernández, cinco inicial; tamén xogaron Malles, José Ramón, Abel, Valdés, Tino, Míchel, Héctor.
Goles: 1-0, mnuto 1, Chino; 2-0, minuto 13, Chino; 3-0, minuto 16, Renato
Burela FS 0-1 Boal
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Isi, Iago Rodríguez, Chano, cinco inicial; tamén xogaron Renato, Jorge, Chino, Antoñito
Boal: Nono, Borja, Luisín, Adrián, Jonás, cinco inicial; tamén xogaron Israel, Adel, Javier, Juan, Iván, Samuel, Pirri
Goles: 0-1, minuto 20, Luisín.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
