Ribadeo, 19 de agosto de 2015.- Unha mostra inaugurada este mércores na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) percorre os 60 anos de historia da Coral Polifónica de Ribadeo, a través dun conxunto de imaxes, recortes de prensa e carteis, entre outros materiais. A exposición foi inaugurada polo concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, o comisario da mesma, Diego Rodríguez, e a directora da Coral, Mari Carmen Rodríguez. Estará aberta ata o 10 de setembro.
O edil de Cultural felicitou á formación e recalcou o feito de que os seus 60 anos ofrecen unha perspectiva histórica dunha vila profundamente ligada á música: “quedei impresionado mirando as fotografías porque 60 anos xa dan perspectivas histórica e vital. De feito, mirando uns dos cadros, dixen: ‘que fai aquí Carmen?’ Pero non estaba pensando en Carmen Rodríguez, a directora, senón na súa filla. É unha boa ocasión para ver estas fotografías de hai 40 ou 50 anos e ver como imos vendo reflectidos os nosos froitos, como imos vendo en nós mesmos aos nosos fillos e fillas. É o reflexo dunha actividade continuada que marca unha pegada, unha pegada de carácter musical nun Ribadeo sempre amante da música”.
Farruco Graña felicitou á Coral polo seu logro e tivo palabras de agradecemento para todos aqueles que ao longo dos anos estiveron vinculados á formación: “dende o Concello de Ribadeo, no nome de toda a Corporación Municipal, felicitamos a Carmen como directora, expoñente, proa visible desta Coral Polifónica e tamén a todas as persoas que ben son agora membros da Coral Polifónica ou o foron no seu momento. Temos tamén unha lembranza para todas aquelas persoas que xa non están connosco, pero que fixeron posible este proxecto musical”.
A recollida do material exposto na Omic é en boa medida froito do traballo de Gracia Martín Zapata, coralista e arquiveira do grupo: “o obxectivo que perseguimos é facer un breve percorrido por estes 60 anos da historia da Coral. Aínda que incluímos material dende o primeiro concerto inaugural, dende 1955, quixemos facer fincapé nos últimos dez anos, na historia máis recente, porque foi o material que non se recolleu noutras exposicións anteriores”, segundo explicou Diego Rodríguez, comisario da mostra.
Mari Carmen Rodríguez, directora da Coral Polifónica de Ribadeo, reivindicou o altruísmo e o bo facer que permitiron á formación celebrar o seu 60 aniversario e animou aos veciños a participar e integrarse na Coral para garantir o seu futuro: “todo o que hai aquí e os 60 anos da Coral son froito de máis de 250 persoas que ao longo destes 60 anos pertenceron a ela. É un traballo arduo, pero sen xente altruísta que poña parte do seu tempo libre e do seu bo facer ningunha sociedade levaría o paso adiante nin podería contar con tantos anos”.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



