O Vicedo, 19 de agosto de 2015.- Este día 19, e dentro dos mércores de natureza, máis de 60 persoas disfrutaron dunha espectacular ruta de sendeirismo duns 12 km pola Costa de Loiba, O Barqueiro e O Vicedo. Favorecidos por un soleado día de verán puideron apreciar a beleza da costa da comarca máis occidental do municipio e O Barqueiro e Loiba. Trasladáronse en tren ata o apeadeiro de Loiba e, desde alí, viñeron camiñando ata O Vicedo.
A próxima ruta será de kayaks o mércores 29 e será baixada do Río Sor ás 10h30.