Burela, 24 de agosto de 2015.- Outra das caras xa coñecidas do CD Burela FS Pescados Rubén 2015-16 chega con aires de Oriente. A ala-pivote Shiori Nakajima, que non puido finalizar a tempada coas laranxas por motivos burocráticos, volve á entidade galega moi ilusionada. “Estou moi contenta por regresar a Burela; sempre foi a miña primeira opción. No meu primeiro ano a integración foi moi boa e estou aprendendo moito en Galicia, dunha cultura moi interesante”. O presidente da entidade mariñá, Manuel Blanco, e o directivo Alberto Fernández aplaudiron a renovación da internacional nipona, que cumprirá a súa segunda campaña na Mariña, salientando “a súa fortaleza e compromiso co equipo”.
O sábado, na segunda cita de pretempada para as mariñás, Shio estreouse na súa conta goleadora, aínda que non lles serviu ás laranxas para facerse coa vitoria en Ourense. A 18 burelista adiantouse no minuto 10, aínda que en dous erros puntuais o Ourense Envialia deu a volta ao marcador (minutos 19 e 31). Na recta final, con Peque abandeirando o xogo de cinco, chegou o definitivo 3-1 para as locais.
Coa axenda aínda aberta para posibles amigables, o cadro de Lucas continuará co seu programa de adestramentos coa mirada posta no 6 de setembro, data do partido de ida de Supercopa de España, fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero (Vista Alegre, 13.00 horas).























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
