NOTA DE PRENSA
Así o explica Gregorio Martínez Garrido, director do Gabinete de Rubalcaba en clara contradición das palabras de Antón Louro quen, na súa visita á Mariña o pasado mes de setembro, anunciou que este servizo sería “unha realidade nos próximos meses”
INTERIOR DESMINTE AO DELEGADO DO GOBERNO E CERTIFICA POR ESCRITO QUE NON HAI PRAZO PARA DOTAR Á NOSA COSTA DA GARDA CIVIL DO MAR
* Segundo o PP o Goberno socialista de Zapatero non só castiga á nosa comarca cos orzamentos xerais do Estado senón tamén privándonos deste servizo básico para garantir a seguridade das nosas costas.
* Os populares creen que o Delegado do Goberno en Galicia debera rectificar publicamente as súas palabras ou refutar a decisión do Ministerio e lembran que tanto a Xunta de Galicia como moitos dos Concellos da Mariña aprobaron distintas mocións instando ao Executivo central á posta en marcha deste servizo impulsado cando o PP tiña a responsabilidade de Goberno en Madrid e en Viveiro.
A Mariña, 02 de outubro de 2009.- Cando o día 9 do pasado mes de setembro o Delegado do Goberno, Antón Louro, visitou varias localidades da Mariña aproveitou para anunciar, en resposta ás preguntas dos xornalistas, que a posta en marcha na nosa comarca da Guarda Civil do Mar “sería unha realidade nos próximos meses”. Hoxe o Ministerio do Interior vén de desmentir por escrito as palabras do máximo representante do Goberno socialista de Zapatero na nosa comunidade. Segundo deu a coñecer o Partido Popular o departamento ministerial que dirixe Alfredo Pérez Rubalcaba elaborou unha carta na que recoñece que non hai prazo para dotar á nosa costa deste servizo.
A misiva, asinada polo Director do Gabinete do Ministerio do Interior, Gregorio Martínez Garrido, e dirixida a todos os concellos que aprobaron nos seus respectivos plenos a moción do Grupo Municipal Popular, instando ao reforzo dos medios de vixilancia e control dispostos polo Goberno central no litoral mariñao, corrobora –en opinión dos populares- que o Executivo do socialista Zapatero non só castiga á nosa comarca nos orzamentos xerais do Estado, senón tamén “continúa privándonos de servizos que xa deberan estar operativos fai catro anos de cumprirse as previsións”.
A MESMA ESCUSA UNHA E OUTRA VEZ
O Ministerio do Interior volve a empregar a mesma escusa que xa fixo pública no pasado en resposta a unha iniciativa da senadora do PP, Mariña Gueimunde. O departamento que dirixe Alfredo Pérez Rubalcaba xustifica a súa decisión de non despregar o persoal e o material necesario para a posta en marcha da Garda Civil do Mar na Mariña nas necesidades de dotar deste servizo marítimo de seguridade ás Illas Canarias.
Xunto a iso, insiste que a costa da nosa comarca xa está cuberta e vixiada pola Garda Civil da Coruña. Os populares lembran a este respecto que a Mariña nunca foi prioridade para o Goberno de Zapatero e que, malia profesionalidade e esforzo dos efectivos da Benemérita con base na provincia veciña, non é doado nin factible desde o punto de vista da correcta protección, vixilancia e control operar nun espazo tan amplo con máis de 1.100 quilómetros de costa, si sumamos o litoral da Coruña (956 Km) ao de Lugo (144 Km)
RECTIFICACIÓN E REORIENTAR AS PRIORIDADES
Os populares creen, despois de coñecerse a postura do Ministerio do Interior, que o Delegado do Goberno en Galicia debera rectificar publicamente as súas palabras ou traballar para emendar a decisión do departamento de Rubalcaba. Tamén lembran que tanto a Xunta de Galicia –que anunciou que tramitaría unha queixa formal polo estado de esquecemento deste servizo- como moitas das Corporacións municipais da Mariña aprobaron distintas mocións instando ao Executivo central á posta en marcha da Garda Civil do Mar, peticións que hoxe o Goberno de Zapatero despreza.
Neste momento as instalacións da Garda Civil do Mar sitas no porto deportivo de Viveiro continúan sen contar coas dotacións de pesonal e material necesarias. Un servizo como este, impulsado cando o PP tiña a responsabilidade de goberno tanto en Madrid como no propio Concello de Viveiro, forma parte da evidencia máis rotunda do esquecemento do Executivo socialista coa Mariña. As continuas contradicións entre os distintos responsables do Goberno de Madrid levan á incerteza á hora de coñecer cales serán as previsións reais do Ministerio do Interior que, por outra banda, elude dar un prazo ou horizonte temporal preciso para a posta en marcha deste servizo.
A todo isto hai que engadir as denuncias feitas públicas por diversas asociacións profesionais do Instituto Armado que alertaban das pésimas condicións nas que tiñan que realizar o seu traballo –sen luz, sen auga, sen medios- aqueles axentes que, dun xeito puntual, facían uso das instalacións que o Servizo Marítimo da Garda Civil mantén pechadas durante a maior parte do tempo, no porto deportivo de Viveiro.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



