Coida un que o mar de Manuel María – coma o de Leiras Pulpeiro ou o de Cunqueiro—era o mar de Foz. Ambolos tres tiñan o mar ao norde, e a chaira luguesa e o val de Mondoñedo, en Foz, a saída natural ó mar.
Gardamos, na memoria de rapaz, a lembranza dos labregos chairegos que por estas datas, tralas duras faenas da sega, a malla e demais labores do campo, chegaban ao mar de Foz, a repoñer os seus corpos esgotados, cos nove baños preceptivos e os correspondentes días de vagar. Eran os chairegos de Manuel María que por uns días abandonaban a tribo para acudir á reparadora visita do mar…
Acaso non poda decirse que o poeta tivese amores co mar; os seus amoríos eran mais íntimos, mais próximos; daí que a sua lira vibrase con mais emoción ante a presencia do minúsculo regato do Cepelo ou, noutra dimensión, co pai Miño.“ Un río de luz, polo que algún día habemos navegar”. “O mar –decía él—é moi grande e eu moi pequeniño”.
Tal evidencia non significa que o vate non fose sensible á realidade maxestuosa do mar, chegando a identificalo co home: “Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar” e mesmo a amosar a inquedanza pola problemática social; e fala das “noites de trebón/ que fan naufragar/ a embarcación”, así como da exigua soldada do traballador: “… ao ver o precio do peixe/ é xusto que me queixe/ que non coide normal/ o diñeiro/ que o mariñeiro/ percibe de xornal.”
Manuel María foi un asiduo do mar de Foz, ao que cantou en versos florecidos na súa louvanza:
O mar de Foz, amiga, de ronseles floridos
Polo que navegan os versos mais belidos.
Eu a navegar.
O mar de Foz, amiga, de gaivotas e navíos
leva por mareas os soños mais esguios.
Eu a navegar.
O mar de Foz, amiga, o mar dos mariñeiros
Ten camiños de gozo e camiños tristeiros.
Eu a navegar
I-a ría de Foz,,amiga, ¡qué leda muiñeira,
Si a brisa a navega, cantadora e lixeira!
Eu a navegar
Tan soio no meu mar!.
Viviu Manuel María as emotivas festas mariñeiras da Virxe do Carme, das que foi pregoeiro; e no relato “Cando o mar foi polo río”, levou ó protagonista, Manuel de Paderna, ás festas do San Lourenzo, e a tomar os baños na praia da Rapadoira…
“Sinto o mar en mín, chamarme
coa súa voz ronca, poderosa…
É o meu vello amigo
O mar de Foz que me reclama
Co seu recendo rexo e masculino; quéreme perto dos mariñeiros,
Dos labregos, das xentes populares
para darnos a súa forza
E poñer en pé a nosa patria”.
O poeta de terra adentro deixou na beiramar focega, anclada, proa ó Cantábrico, a súa nao mariñeira : a Casa da Cultura que leva o seu nome.
Un cre firmemente que o de Foz foi – coma para Leiras ou Cunqueiro – o mar de Manuel María.




















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



