Cervo, 9 de setembro de 2015. O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez, e a de Xuventude, Dolores García Caramés, presentaron as escolas deportivas municipais para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 deste mes de setembro e previamente, o día 24, terá lugar a presentación oficial no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
José Ramón Soto explicou que esta iniciativa “esta en marcha dende no Concello de Cervo dende o ano 2007, o que representa unha clara aposta polo deporte base por parte deste Concello, como no podería ser de outra forma. A tempada pasada pechouse con 300 participantes, entre adultos e nenos, e pensamos que nesta edición manterase o número de participantes e incluso poderase superar”.
O edil de Deportes engadiu que “algunhas das actividades que se poderán realizar, sempre que haxa un número mínimo de inscricións, son: pequexogos para nenos, baloncesto, fútbol sala, patinaxe artística, tenis, tenis de mesa, bádminton, hóckey, atletismo, orientación, pádel, skate, zumba, aerobic, voleibol, ludoarte, ximnasia de mantemento ou pilates”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



