Nos últimos tempos o Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro ten recibido numerosas queixas de veciños e usuarios da intersección que se atopa na estrada dependente da Xunta de Galicia LU-152 P.K. 7´600, á altura da parroquia de Santa Cecilia, concretamente no que é coñecida como baixada da Rega, e saída do barrio do Chao dirección Ferreira do Valadouro e Foz, pola falta de visibilidade motivada pola maleza e árbores que se encontran nos lados da estrada anteriormente sinalada entre os P.K. 7´400 e 7´600, e cunha curva a escasos 100 metros da saída desta intersección.
Despois de acudir ó lugar que nos referimos e comprobar a realidade ademais do anteriormente exposto, o grupo municipal de Foz Plataforma de Futuro propón á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
– Trasladar á Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) a solicitude de limpeza da maleza e árbores que dificultan a visibilidade na estrada LU-152 entre os P.K. 7´400 e 7´600 á altura da baixada da Rega- intersección saída do barrio do Chao na parroquia de Santa Cecilia.