Reparto de puntos en Vista Alegre entre o CD Burela FS Pescados Rubén e Aspil Vidal Ribeira Navarra que ofreceron un bo espectáculo que finalizou con empate a dous tantos. O duelo comezou cun Burela Pescados Rubén dominador, realizando unha boa presión en zona alta e con boa fluidez ofensiva. Chano rubricou aos seis minutos o bo xogo laranxa cun potente disparo ante o que Molina pouco puido facer. Co 1-0 os navarros reaccionaron aínda que os pupilos de Daniel Ibañes lograron frear as súas acometidas e gozaron dalgunha ocasión máis para aumentar a renda nunha perigosa contra que finalizou Chino.
Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación ambos equipos mantiveron a intensidade e intercambiaron varios golpes. A partir do minuto 25, o Aspil Vidal Ribeira comezou a manexar mellor o xogo ante un Burela Pescados Rubén que non lograba ter a posesión e víase obrigado a correr en exceso. O empate chegou nun excelente disparo coa zurda de Joselito (1-1) dando paso a uns minutos de acoso navarro que os bureleses capearon con sufrimento. Entón apareceu o oportunismo de Iago Míguez para marcar o 2-1, minuto 31. O canterano burelés cazou un rexeite de Molina tras disparo de Chinés pero os navarros volveron xerar perigo. Edu salvou o primeiro envite de Joselito pero non puido evitar o empate dos navarros. Con xogo de cinco, Andresito logrou o 2-2 e no sprint final Iago Míguez puido lograr o triunfo pero o seu disparo marchouse por encima do largueiro.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chino, Antoñito, Helder -cinco inicial- Isi, Iago Rodríguez, Jorge Bellvert.
Aspil Vidal Ribeira Navara: Molina, David, Andresito, Joselito, M.García -cinco inicial- Hamza, Roger, Luisma, Loito, David Pazos.
Goles: 1-0, m.6, Chano; 1-1, m.29, Joselito; 2-1, m.31, Iago Míguez; 2-2, m.37, Andresito.
Árbitros: Gallo Suárez e Velasco Martínez. Asturias. Amarela a Chano, Chino, Bellvert no Burela e na escuadra navarra a Joselito, Hamza e David.
Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada da Primeira División da LNFS. Disputado en Vista Alegre. 900 espectadores






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
