Bruxelas, 16 de Setembro 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra, responsabilizou da difícil situación que están a padecer as labregas e labregos da Unión Europea ás “maiorías parlamentarias dos Estados e institucións europeas”, acusándoas de estar decidindo “liberalizar e apoiar unha agricultura industrial que está claramente en contra da pequena e mediana explotación agraria”.
Nesta valoración previa ao debate respeito da crise agrícola europea que terá lugar este mércores en sesión plenaria en Bruxelas, Senra lembrou tamén que “todos os sectores de produción están en crise; algúns conseguen visibilizarse con mobilizacións, como o sector leiteiro, e outros non tanto, como o sector da horta ou o vacún de carne”.
A eurodeputada galega adiantou que no debate deste mércores -programado para as 20.30hrs. aproximadamente, e que poderá ser seguido aquí– a súa intervención irá dirixida aos grupos maioritarios na Eurocámara, o Socialista e o Popular, a quen AGEe esixirá “que dean marcha atrás e que aposten decididamente por políticas que regulen a produción, que sitúen de novo os prezos no centro das políticas agrarias europeas e que aposten por modelos de produción capaces de soster moitos labregos e labregas producindo no territorio da UE”.
Agroecoloxía na UE
Avanzando na posta en marcha destes novos modelos agrícolas orientados a recuperar un medio rural vivo e sustentábel, AGEe celebrará mañá, xunto ca Coordenadora Europea Vía Campesina e a Universidade de Coventry (Inglaterra) o debate aberto “Agroecoloxía na UE: Unha oportunidade única”[1].
Neste espazo discutirase sobre as políticas públicas necesarias para apoiar e aplicar un modelo de produción agroecolóxico en Europa. Tamén terá lugar a presentación da declaración final do Foro Internacional de Agroecoloxía, celebrado o pasado mes de marzal en Nyéléni, Mali.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



