Burela, a 17 de setembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou este xoves que “o alcalde tenta liala co comedor do CEIP ‘Vista Alegre’, dicindo que a Xunta non contou co concello neste asunto, cando a Xunta en nada tiña que contar co concello para facer o que se fixo, que foi pasar a xestión do comedor da ANPA á Consellería de Educación, estando de acordo a propia ANPA e o centro”.
“Deste xeito, aseguran desde o GMP, o oitenta por cento dos usuarios do comedor do ‘Vista Alegre’ non terán que pagar nada por este servizo, cando hasta agora tiñan que pagar todos”.
Desde o GMP aseguran que “o alcalde era coñecedor deste asunto alomenos desde xuño, pero como de costume nin contactou con ninguén, nin fixo nada por solucionar o problema das coidadoras, e agora anda dicindo que a culpa é da Xunta, cando a Xunta o que fai é aplicar unha normativa de sobra coñecida e de sobra empregada”.
“O alcalde, din os populares, ten que aclarar qué vai pasar coas coidadoras do comedor. De momento, sabemos que tentou enganalas dicindo que como persoal do concello podían ir para a nova escola infantil, cando el sabe que coa normativa actual iso é imposible”.
“E debe solucionar o problema canto antes, porque as coidadoras están preocupadas, tal e como llo manifestaron ó propio alcalde no concello o pasado venres”, indican desde o GMP.
Desde o GMP manifestan que “por iso, o alcalde, unha vez máis, non asumirá ningunha culpa nin responsabilidade; como de costume, todo o malo que pasa se debe sempre a outros. O alcalde ten que ser moi prudente co que di; semella que en todo este tempo non se preocupou nin pouco nin moito por este asunto, e eso que houbo quen lle dixo con antelación suficiente o que pasaba e o que podía pasar coas coidadoras”.
Finalmente, os populares dubidan de que as reunións que di ter o alcalde sexan tales. “O pasado xoves, que dixo que tanto fixera en Lugo, foi a Lugo de paseo, porque alomenos unha das reunións que el di que tivo non foi tal, se non unha conversa de corredor agardando polo ascensor. En todo caso, asuntos que un par de semanas antes vira en Burela cos mesmos responsables, segundo el mesmo dixo. Seguimos notando en falta traballo nos asuntos que realmente importan ó concello”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



