Mondoñedo, 19 de setembro de 2015.- O presidente da Asociación As San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto, avanzou este sábado que o grupo de Pop Rock Los Secretos actuará na localidade no marco do programa das festas das San Lucas.
Souto explica que a banda musical ofrecerá este concerto en formato acústico no Auditorio Pascual Veiga da localidade, o día grande das Feiras, o 18 de outubro. A actuación do grupo comezará ás 19:00 horas.
Os interesados poden adquirir as entradas anticipadas a través do enlace entradas.abanca.com. O custo de cada un dos pases que se adquiran con anterioridade é de 15 euros. A maiores, ofrécese a opción de mercar as entradas o mesmo día do concerto en taquilla por un importe de 20 euros.
Miguel Souto quixo poñer en valor a variada e atractiva programación das Feiras e Festas das San Lucas, a través da que “queremos ofrecer un cartel para todos os gustos e idades, xa que estas festas con cultura, son arte, son tradición, son vangarda e son feira e festa”. O presidente da asociación lembra que este ano As San Lucas celébranse entre os días 16 e 20 de outubro.
Así, entre a programación xa pechada non faltarán as mellores orquestras de Galicia. O día 16, estarán Sintonía de Vigo e Orquestra Televisión; o 17 Miramar e Claxxon; o 18 Fania e Jerusalen; o 19 Paladium e Nueva Generación; e o 20, Nueva Generación e París de Noia.
En relación á Feira, o día grande, o 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita no Campo dos Paxariños. O día 17, Souto explica que “dáse un momento dentro da programación das San Lucas que causa moita expectación, unha das mellores estampas das festas, o paseo dos cabalos polas rúas de Mondoñedo”. Ao igual que na pasada edición, haberá unha pantalla xigante na Praza da Catedral a través da que se poderá ver en directo o proceso que seguen o gandeiros para reunir os animais que viven no monte e baixalos ata o centro de Mondoñedo. O mesmo día 17, en horario de mañá, será a final da Copa Galicia do concurso morfolóxico Pura Raza Cabalo Galego.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



