Rodri adiantaba ao Barco cun cabezazo tras un corner no Pepe Barrera antes do minuto 20. Con este resultado (1-0) chegaríase ao remate do encontro no que os visitantes se fixeron cos 3 puntos en xogo.
Os de Manolo Vilachá -expulsado na primeira metade- e Germán Campos nada puideron facer ante a orde defensiva dos ourensáns. A pesar de buscar o empate nos últimos minutos, foron os visitantes os que non chegaron a materializar novas ocasións ante a portería de Diego.
A vindeira cita para o Ribadeo FC será ante o Ribadumia, na Senra.