Ribadeo, 21 de setembro de 2015. O Concello enviará ao Sáhara 5 caixas de roupa de socorrismo, “que quedou doutros anos e que se atopa en perfectas condicións”, segundo deu a coñecer hoxe a concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida. No material figuran cazadoras, polos, pantalóns e tamén sombrillas. No envío o Concello conta coa colaboración da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.
Ermida indicou que “nestes tempos, nos que tendemos con moita frecuencia a querer despolitizar todo canto ocorre nas nosas vidas, quero enfatizar precisamente esa parte política que si ten esta iniciativa, mais tamén humanitaria, porque entendo que non deben nin teñen porque ser incompatibles. Ou polo menos non o son na política que levamos a cabo dende o BNG e, nomeadamente dende o Concello de Ribadeo, na que sempre temos presente esa vontade de escoitar a quen merece ser escoitad@ e de axudar a quen precisa ser axudad@”.
A edil nacionalista subliñou que “facendo un acto de xustiza meritoria, hei de dicir que todo isto xurdiu a raíz dunha proposta feita por Jacobo González Rivas, coordinador de servizo de socorrismo do noso Concello. Unha desas persoas que moi de vez en cando tes a sorte de coñecer e que merece mención especial pola súa teima de traballar para mellorar as cousas. E tamén me gustaría agradecer a Maite Isla e a todos os homes e mulleres da ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, pola súa labor destes 25 anos de existencia, pola súa colaboración neste envío e por facer que mereza a pena dedicar parte da túa vida á política, e que sexa, precisamente esta faceta a que che permita coñecer a xente coma Jacobo e coma Maite, recoller as súas suxestións e achegas e ter capacidade para xestionalas”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



