Burela, 22 de setembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, visitaron este luns a mesa que a asociación AFAN colocou nas inmediacións do centro de saúde, na xornada na que se conmemorou o día mundial do alzheimer.
Otero explicou que “nos achegamos alí para transmitirlles unha vez máis a nosa colaboración e para darlles ánimos con esa grande labor que están a desempeñar”.
A edil socialista lembrou que “o pasado xoves o equipo de goberno acudiu á inauguración do local que este colectivo ten en Burela. Trátase dun local cedido polo Concello e no que se fixeron as obras necesarias para o inicio da súa actividade. Os traballos realizáronse desde que este novo equipo de goberno está á fronte do Concello, feito que posibilitou que se abrise o centro, xa que o anterior equipo de goberno limitouse a cederlles o uso do mesmo”.