Existen contradicións entre o mundo virtual creado polos medios de comunicación e a vida real dos cidadáns deste país que non se privan de paralizar a produción para desfrutar de dez días de vacacións, consumindo o combustible máis caro de toda a historia e enchendo os hoteis e restaurantes de toda a península.
Curiosamente os que están pasando penurias non falan de crise, porque é algo normal, consubstancial á súa forma de vida. Pero nos países ricos en canto nos quitan o caramelo, non podemos beber o viño de marca ou nos soben os allos no mercado, xa empezamos a queixarnos, sobre todo os medios de comunicación motivados polas entidades financeiras, que nestes momentos necesitan os cartos dos aforros dos cidadáns para negociar con eles e seguir obtendo rendimentos por riba do vinte por cento de ganancias. Son os bancos os que, a través de estudios interesados e do control dos medios de comunicación, queren crear un clima de crise para que a xente cambie os seus hábitos de consumo, que até de agora foron rendibles, por hábitos de aforro que agora os bancos necesitan activos para os seus negocios.
Ocorre que os costumes non se trocan facilmente e unha cousa é a percepción virtual e outra a real. Senón como se pode explicar que cando nos din que a gasolina está máis cara que nunca, sigan saíndo millóns de coches para destinos turísticos. ¿Como é posible que nun período de crise os hoteis e restaurantes estean ocupados ao centro por cento durante toda a Semana Santa?. Dinnos que os prezos subiron moitísimo e que moitas familias cústalles caro chegar a fin de mes, pero debe ser ás de sempre, porque neste tempo de lecer millóns de persoas estanse desprazando para disfrutar nos lugares de vacacións, e iso quere dicir, mercar, comer de restaurante, dormir nos hoteis e facer gastos por riba do normal. ¿Como se pode entender esta situación e a que nos contan os que queren crear unha situación de crise económica?. A explicación podería estar en que unha cousa é a percepción virtual e outra a situación real das familias.
Dende estamentos gobernamentais pretenden convencernos da necesidade de aforar enerxía, poñendo como argumento problemas ambientais e de esgotamento do petróleo. A reacción das poboacións é todo o contrario, millóns de coches nas rúas, atascos interminábeis, consumo de calefaccións con temperaturas de verán, etc,
Por outra banda fálase da necesidade de aumentar o rendemento e a produción e como resposta un país enteiro colle vacacións durante dez días, paralizando todo o proceso produtivo, agás os sectores da hostalería. Toda a argumentación anterior ben demostrarnos que existe unha fenda enorme entre a virtualidade creada polos medios de comunicación e a realidade vivida polos cidadáns. ¿ A quen pode beneficiar que existan estes dous mundos paralelos?


















Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



