Lugo, 22 de setembro de 2015.- A titular da Deputación de Lugo, Elena Candia, asumiu este martes a presidencia do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. A elección da titular da Presidencia do Consorcio levouse a cabo, en base aos estatutos, durante o pleno extraordinario celebrado na mañá deste martes con carácter de urxencia. No transcurso da sesión tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos Concellos para completar os órganos estatutarios correspondentes.
O acordo rotatorio recollido nos estatutos polos que se rexe o Consorcio provincial contra Incendios establece que lle corresponde á Deputación de Lugo ocupar a titularidade da presidencia do Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. Estes estatutos establecen que a Presidencia se renovará cada vez que cambien os cargos dalgunha das administracións consorciadas. Esta titularidade prolongase por un período de dous anos e nesta ocasión correspóndelle á Deputación de Lugo. Pola súa banda, a vicepresidencia continuará a ser asumida polo director Xeral de Emerxencias e Interior de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Luís Menor Pérez.
No pleno extraordinario celebrado este martes tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos concellos de Monforte e Sarria. Neste caso, pola Deputación están a presidenta Elena Candia, e os deputados, José Demetrio Salgueiro e Eduardo Vidal Baamonde; mentres que polos concellos de Monforte e Sarria, os respectivos alcaldes, José Tomé e Pilar López.
Continúase co normal funcionamento do Consorcio
Durante a celebración do primeiro pleno do Consorcio con Candia como presidenta, deuse continuidade ao normal funcionamento do ente e resolvéronse asuntos que figuraban na axenda do Consorcio. Entre eles, continuouse co proceso de licitación para a adquisición dun vehículo (bomba nodriza pesada) para o parque de Monforte de Lemos. A urxencia deste pleno fundamentábase tamén na necesidade de darlle continuidade a este proceso, tendo en conta que se tratan de investimentos que atinxen a fondos europeos.
Tras a celebración desta sesión extraordinaria, a presidenta quixo dar a benvida aos novos membros e puxo en valor a función que desenvolve o Consorcio atendendo a un servizo de vital importancia para a provincia. Neste senso, Candia tamén resaltou o seu compromiso para desenvolver un traballo coordinado entre administracións e co obxecto de actuar en todos os aspectos que requiran dunha posible mellora dentro deste servizo.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



