Xove, 23 de setembro de 2015.- Este domingo día 27, a ACD Xove, xunto co Concello de Xove, organizan o Día da Bici 2015. A xornada comezará no Centro Cívico ás 16:30, e consistirá en actividades como rutas cicloturistas por Xove e parroquias dos seus arredores, animación infantil con globoflexia e pintura de caras, e exhibición de equipo de BMX. Outorgaranse trofeos ao ciclista máis novo, ao máis veterano e á bici e ciclista máis orixinal. Ademáis, sortearase unha bicicleta e material deportivo, e haberá regalos e merenda. A inscrición poderá facerse ata 15 minutos antes da saída, coa organización, que lembra que o uso do casco será obrigatorio.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



