Madrid, 23 Setembro 2015.- A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle a Ana Pastor polo seu anuncio do outro día sobre fondos comunitarios para procurar unha solución aos peches da A-8.
Nese sentido, Rosana Pérez ironiza coa “carreira sen fin que mantén a Ministra de Fomento por multiplicar os anuncios e as promesas co propósito de chegar sen resollo á meta das Elecións Xerais de decembro próximo, inscríbese tamén os seus múltiples anuncios sobre as solucións aos continuos peches da A-8 entre Mondoñedo e Abadín”.
A deputada do BNG alude ás manifestacións realizadas pola Ministra o pasado 17 de setembro no acto de inauguración do enlace da A-54 coa N-540, onde dixo que a intención de Fomento era a de licitar no primeiro trimestre de 2016 “o prototipo para solucionar o problema da néboa na A-8 ao seu paso polo Fiouco”.
Critica Rosana Pérez a tardanza do Ministerio en abordar este problema cando tiñan que ter adoptado medidas antes de que chegase a primavera, “xa que pasamo outro verán cheo de peches da A-8, que se converteu xa nunha autovía inútil”. Pero, sinala a deputada do BNG, “tivemos que agardar aos meses previos ás Elecións para que a Ministra se lembrase da A-8”.
“Que fondos comunitarios?”
“Aínda así só se trata de anuncios como os que habitúa a facer, e para situar a solución con vistas ao 2016”, sinala a deputada nacionalista.
Nesa mesma inauguración, a Ministra de Fomento dixo que o plan para mellorar a visibilidade na A-8 “conta con fondos comunitarios, dado que a solución a un problema técnico tan importantes podería ser aplicada no futuro para toda Europa”.
Razón pola que Rosana Pérez dirixe unha serie de preguntas ao Ministerio para saber cal é a partida dos fondos comunitarios, se o Goberno conta xa con eses fondos ou debe pedilos.
Ademáis, quer que o Ministerio explique as solucións técnicas que vai aplicar e pídelle seriedade con este tema, que non se xogue eleitoralmente. “Por que agardou até uns meses antes da convocatoria de Elecións Xerais?”















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



