Xa non queda nadiña para as Carreiras Solidarias Alas de Vida 2015, un evento de carácter exclusivamente solidario.
Todo recadado durante as probas do sábado 26 e o domingo 27 destinarase á Asociación DEBRA para que siga coa súa importante función. Para nós a palabra voar ten un significado especial. Vai máis alá do deporte misturándoo coa solidariedade. Cremos fírmemente nesta relación. O deporte é unha vía marabillosa para conseguir unha sociedade máis xusta e mellor, para aportar o teu grao de area, para intentar cambiar as cousas e para axudar á xente que realmente o precisa. Por todo esto queremos animar á xente a participar e colaborar coa iniciativa. Ao final do “Alas de Vida 2014” recaudáronse 7.602,48€ e máis de 600 persoas participaron nas diferentes carreiras.
O seu obxectivo é dar a coñecer a enfermidade “Epidermólisis bullosa” máis coñecida como “Pel de Bolboreta” e recadar fondos para que a asociación DEBRA siga coa súa importante función de formación, financiación e investigación. Aportar o noso grao de area para que siga a súa loita por mellorar a calidade de vida dos afectados pola EB e das súas familias. Igualmente, pretende informar e concienciar dos beneficios da actividade física e impulsar a actividade deportiva a nivel popular co desenvolvemento de diversas carreiras.
PROGRAMA
Sábado 26
16.00 horas: “Paseo solidario Alas de Vida”: para fomentar o deporte a todos os ámbitos e grupos de idade. Pódense completar os 3km que desde a Praza da Mariña á Marosa de mil formas: andando, en patíns, bicicleta, silla de rodas, correndo… O importante é colaborar coa inscripción (3€, que inclúe o agasallo do emblema da Asociación DEBRA), pasar un bo rato e moverse.
– Para volver desde A Marosa habilitarase un tren turístico e as furgonetas da Asociación Camiña axudarán a transportar as bicicletas, patinetes e demáis vehículos que haxa.
-Rematarase con unha chocolatada e festa na Praza da Mariña (con xogos e sorpresas para as nenas e nenos e música).
Domingo 27
11.00 horas: “II Media Maratón de montaña Alas de Vida”: un duro e precioso percorrido polos arredores de Burela e o seu litoral marítimo.
Con 400m de desnivel acumulado e principalmente por pistas de terra e carreiros. Con servizos de avituallamento sólido e liquido, duchas e comida ao finalizar a proba para todos os participantes. O coste da inscripción é de 15€. A empresa Empa-t será a encargada da cronometraxe da proba.
A inscrición pode realizarse ata 15 minutos antes de que comece cada carreira, na Praza da Mariña, os dous días.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
