O portavoz do Grupo Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou en rolda de prensa, trala reunión do Comité de Dirección, que nas próximas semanas traballarán para “explicar a acción de Goberno e dar resposta ás necesidades dos lucenses” coa celebración de foros de debate e reunións comarcais. Así mesmo, José Manuel Barreiro destacou que se reactivará a ruta social do partido “con encontros cos principais colectivos sociais da provincia para identificar as súas prioridades e explicarlles a política social posta en marcha polo PP co obxectivo de garantir a cohesión social”.
Barreiro tamén anunciou que o PP de Lugo acaba de nomear ao Comité de Campaña. O secretario xeral da formación na provincia, José Manuel Balseiro, foi designado como coordinador. O partido volve confiar en Balseiro, que xa desempeñou este mesmo cargo nas últimas citas coas urnas. O encargado das redes sociais será Manuel Antonio Fernández Piñeiro, actual responsable de novas tecnoloxías na provincia.
100 DÍAS DE INACCIÓN
O portavoz do GPP no Senado fixo balance dos primeiros 100 días de mandato dos novos Gobernos formados por coalicións de esquerdas e nacionalistas na provincia. Destacou que están caracterizados pola “improvisación e a inacción”. “Ser político implica asumir responsabilidades e tomar decisións, fronte á parálise destes novos gobernos está a capacidade do PP que soubo gobernar en momentos de crise”, sinalou José Manuel Barreiro.
O líder do PP de Lugo puxo como exemplo á alcaldesa da cidade que “non soubo estar á altura das circunstancias, demostrouno rexeitando reunirse coa Ministra de Fomento”.
“Un exemplo de como se fan ben as cousas témolo na Deputación -asegurou Barreiro-. O Goberno popular liderado por Elena Candia púxose a traballar desde o primeiro momento, a traballar para todos os veciños da provincia. Esta é unha das diferenzas co seu antecesor no cargo, José Ramón Gómez Besteiro, que usaba os fondos da Deputación para obter réditos políticos”.
“É unha actitude que segue mantendo hoxe en día: está máis preocupado de negociar unha moción de censura para recuperar o poder que dos problemas dos cidadáns -aseverou o líder dos populares lucenses. “Trala perda da Deputación o Sr. Besteiro viu como o seu liderado no partido se poñía en perigo. Só lle interesa o seu beneficio propio”, matizou.
APOIO AOS GANDEIROS
O portavoz do GPP no Senado tamén reflexionou sobre a crise do sector gandeiro. Barreiro asegurou que o apoio ao sector gandeiro, “clave para a economía galega e a supervivencia do rural, é innegociable”. Neste sentido destacou que o acordo do Ministerio de Agricultura “é histórico porque implica a productores, industria e distribución e, polo tanto, beneficioso para o sector, especialmente para Galicia, que pon no mercado o 40% de todo o leite español, por iso é importante que todos se sumen a el”.
Así mesmo, pediu aos representantes das principais asociacións sindicais que deixen de lado intereses partidistas e apoien a proposta do Ministerio. José Manuel Barrerio explicou que non se pode fixar un prezo mínimo para o leite porque o prohibe a normativa de Competencia tanto a nivel estatal como comunitario” e instou a apoiar a proposta do Goberno de desenvolver o acordo con posterioridade no seo da Interprofesional Láctea, onde están representadas todas as partes.
O acordo impón un contrato tipo, permite coñecer a nivel agregado canto paga a distribución á industria e garante que o prezo do leite non sexa empregado como reclamo polas grandes superficies.
ELECCIÓNS CATALÁS
O portavoz do GPP no Senado referiuse tamén á celebración de eleccións este fin de semana en Cataluña. José Manuel Barreiro pediu “a toda a Cataluña silenciosa que acuda ás urnas para frear a obsesión rupturista de Artur Mas”. Barreiro asegurou que “a independencia non se vai a producir porque non se pode lexitimar unha acción ilegal”.
Neste sentido, o presidente do PP de Lugo recordou que “o PP é o único partido capaz de defender aos cataláns das ameazas rupturistas e que o Goberno de Mariano Rajoy estivo sempre disposto a falar pero que sempre se atopou en fronte a cerrazón do presidente da Generalitat”.
“Un catalán é hoxe catalán, español e europeo e algúns pretenden que renuncie á súa condición de español e europeo e isto é un disparate”, matizou José Manuel Barreiro. “Xuntos polo Si non está explicando á xente as consecuencias da independencia. O mellor que podería pasar a partir do 27-S é entrar nunha etapa de serenidade e sensatez, e finalizar esta época de incerteza á que nos levaron os actuais gobernantes”, concluíu o portavoz do GPP no Senado.


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



