Cervo, 25 de setembro de 2015. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Dolores García, supervisaron este venres as melloras realizadas polo Concello no CEIP de Cervo e amosáronse satisfeitos co resultado das obras que acaban de rematar. Na visita estiveron acompañados polo director do centro, Manuel Martínez, e por dúas representantes da asociación de nais e pais (Anpa), María Isabel Seijo e María José Iglesias.
A concelleira de Educación explicou que “as actuacións realizadas e sufragadas totalmente polo Concello no colexio de Cervo foran solicitadas polo centro e pola Anpa. Estamos satisfeitos co resultado e consideramos que é unha boa actuación que serve para mellorar a educación, que é algo polo que se aposta dende o goberno municipal”.
As obras consistiron, por unha parte, na eliminación de barreiras arquitectónicas coa construción de dúas ramplas: unha no acceso á entrada principal do colexio e outra no pavillón. Tamén se instalou unha porta para acceder dende o pavillón ao parque infantil.
Ademais foi renovado o pavimento do acceso principal ao centro e as instalacións de saneamento de augas pluviais, creouse unha zona de acceso rodado á parte posterior do edificio, melloráronse as zonas axardinadas que hai no recinto do colexio e tamén se fixeron reparacións no parque infantil.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



