Ribadeo, 30 de setembro de 2015. A Aula CeMIT de Ribadeo organiza un curso sobre o uso do smartphone para persoas maiores, que se desenvolverá entre os días 21 e 28 de outubro en horario de tarde, entre as 16:00 e as 17:30 horas. A formación inclúe manexo de novos teléfonos móbiles e das súas vantaxes. O curso está organizado en colaboración coa Fundación Vodafone España e Amtega a través de vídeo-pílulas formativas presentadas por unha persoa maior que transmite confianza e seguridade, e coa axuda do Axente TIC. O curso está pensado tanto para os que xa teñen smartphone como para os que non, xa que no caso de non dispor dun hai 12 terminais para realizar o curso.
A clases ensinarán a entender o smartphone, dende acender o teléfono, entender as iconas de pantalla, chamar, recibir chamadas, manexo da axenda de contactos, da cámara de fotos e vídeo, escribir mensaxes, conectarse a internet. Tamén se ensinará a descargar aplicación e coñeceranse algunhas recomendadas. O curso terá lugar os días 21, 22, 26, 27 e 28 de outubro de catro a cinco e media da tarde.
Desde a Aula CeMIT aluden ás vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores: “en aspectos relacionados coa súa seguridade (xeolocalización, teleasistencia…), a posibilidade de gozar de novas formas de lecer, maior relación cos demais, unha mellor información debido ao acceso á prensa online e aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), e todo iso no peto ou no bolso á man, en calquera lugar e a calquera hora”.
As persoas que desexen asistir poden ir provistas do seu smartphone “e nós ensinámosche a utilizalo. Dispoñerás ademais dunha guía moi útil. Se non tes smartphone, acode igual, dispoñeremos de 12 terminais para realizar o curso”.
Para inscricións e máis información os interesados deben dirixirse á Aula CeMIT de Ribadeo, na Casa da Xuventude, chamar ao teléfono 982 120 732 ou ben escribir un mail a telecentro@ribadeo.gal.






















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



