Viveiro, 3 de outubro de 2015.- No pasado Pleno do dous de setembro, SON VIVEIRO presentou no Concello unha Moción na que denunciaba a escaseza de instalacións deportivas ao aire libre e salientaba a necesidade de facer da actividade deportiva un apartado preferente na política municipal.
Na súa proposta, evidenciaba o paradoxo que supón que, mentres o Concello non dispón de suficientes instalacións ao aire libre onde levar a cabo as actividades deportivas coas que satisfacer a demanda existente, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten as súas pechadas tanto en horario non lectivo como durante as vacacións escolares, polo que instaba ao goberno municipal do PSOE a buscar un acordo coa Administración Autonómica que permitise optimizar unhas instalacións infrautilizadas.
SON VIVEIRO solicitaba a realización dun estudo co obxectivo de atopar un emprazamento próximo ao casco urbano para crear unha pista deportiva así como unha zona onde poder practicar a monopatinaxe en boas condicións, con garantías para os e as deportistas e sen perigo para o resto de viandantes.
A Moción foi aprobada por unanimidade pero coa obxección manifestada pola Sra. Alcaldesa baseada na gran dificultade que supón encontrar un lugar céntrico onde emprazar a pista demandada por dito grupo municipal, retando ao seu portavoz a encontrar ese espazo.
No vindeiro Pleno, SON VIVEIRO, recollendo a invitación da Sra. Loureiro, ademais de suxerir o enclave da instalación solicitada, presenta outra Moción que vai acompañada dun informe no que detalla o orzamento, o mobiliario deportivo, o tipo de pavimento, a pintura das pistas, a reforma e a nova recollida de augas, a memoria deportiva, o esbozo de medidas e a memoria gráfica con plano de situación e o emprazamento da pista deportiva. Na mesma, non aparece a pista de monopatinaxe, da que non se esquecen, nin tampoco da posibilidade de facer una verdadeira Casa da Mocidade e do Deporte, que nun tempo teñen previsto presentar.
O grupo municipal viveirense confía en sacar adiante por unanimidade a Moción o próximo mércores día sete de outubro no Pleno municipal, á espera de que os servizos técnicos do Concello emitan un informe favorable para iniciar as xestións necesarias coas que satisfacer esta demanda formulada pola veciñanza de Viveiro, especialmente polas mozas e mozos da nosa cidade.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



