Burela, 3 de outubro de 2015.- Na sala de prensa do Concello burelés tivo lugar este sábado ó mediodía a entrega de premios aos gañadores do Torneo de Xadrez, que se desenvolveu o pasado mes de agosto coincidindo coa Feira do Bonito. A cita foi organizada pola asociación Reyes y Peones e pola Concellería de Cultura. Establecéronse tres categorías: menos de 10 anos, de 10 a 16 anos e adultos. Este sábado os gañadores, campión e subcampión de cada categoría, recibiron os agasallos que lles foron entregados polo edil José Díaz e polo presidente de Reyes y Peones, Julio Delgado.
Entregados os premios aos gañadores do Torneo de Xadrez de Burela
Entregados os premios aos gañadores do Torneo de Xadrez de Burela
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores