Lugo, 05 de outubro de 2015.- O voceiro da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, explicou este luns que o Goberno provincial decidiu enviar o expediente das obras do complexo do Miño para destinalo a Sede do Centro Asociado da Uned en Lugo ao Ministerio Fiscal, tras detectar múltiples irregularidades na xestión que Besteiro fixo sobre esta obra. Os populares destaparon anomalías no procedemento administrativo, incumprimentos no prazo de execución das obras, falta de xustificación á hora de adxudicar os traballos e incluso un desproporcionado desfase orzamentario do 110%. O voceiro do Goberno asegura que á vista deste expediente “queda acreditada a nefasta xestión que o líder dos socialistas fixo dos recursos públicos de todos os lucenses mentres estivo á fronte da Deputación”.
Armesto explica que o Goberno popular remitirá un escrito a este Ministerio Público para poñer no seu coñecemento todos os datos e documentación que obran no seu poder a fin de que, se o considera oportuno, e a vista dos feitos e consideracións nel contidas, practique as dilixencias de investigación que estime necesarias sempre na defensa da legalidade. O voceiro dos populares lembra que os socialistas deixaron unha obra, cuxo proceso deixa entrever importantes dúbidas, con irregularidades administrativas, variacións orzamentarias, e na que non cumpriron cos prazos establecidos.
Falta de claridade no proceso de adxudicación
O voceiro dos populares xa fixera públicas importantes anomalías detectadas no procedemento administrativo da obra, na que se deu un proceso de contratación “escuro e en cuxo expediente falta documentación”. Así, exclúense empresas do procedemento de selección sen motivar a causa desta exclusión ata o punto de que existe unha dilixencia na cal se manifesta que unha oferta foi aberta e pechada posteriormente con celo. Ademais, á vista da documentación que obra no expediente, a empresa adxudicataria non presentou nin a relación de medios materiais, nin persoais, nin plan de traballo, nin prazo de execución a pesar de que o informe técnico valora estes termos. Incluso, a unha das empresas presentadas ao proceso non se lle valoraron as melloras, o que a leva a deixar de ser a oferta máis vantaxosa. De igual xeito, o prego de condicións non establece cantos puntos se poden obter por cada criterio nin como se reparten os puntos e o que si establece é que deben formar parte do contrato o prego, a fianza definitiva, o plan de traballo e as melloras ofertadas e na copia do expediente non se anexa ningún deste documentos.
Anomalías administrativas
Armesto tamén lembra que o contrato se adxudicou fóra do prazo máximo que establece a lei, ao igual que o proxecto. A empresa adxudicataria presentou ata un total de tres proxectos (novembro de 2011, marzo de 2012 e agosto de 2013). Neste senso, hai que ter en conta que se o primeiro proxecto foi o que serviu de base ás autorizacións e despois executouse o do ano 2013, polo que pódese considerar incluso un incumprimento da autorización sectorial e polo tanto da licenza. Ademais, prazos de ampliación da execución da obra propostos e aprobados non están claros. De todos xeitos, coa última data de finalización do prazo de execución da obra quedaban sen executar o 45,82% da obra, pese a tratarse dun expediente que se apertura en maio de 2011.
As sospeitas, segundo recorda o voceiro dos populares, tamén se aprecian nunha “clara manipulación orzamentaria en nun desfase presupuestario desproporcionado dun 110%, alterando cifras para dar unha impresión de total normalidade. Deste xeito, unha obra que se adxudicou por un importe de 959.684,88 euros, e tras a presentación de tres proxectos, o último deles é o dobre do orzamento inicial (2.022.139,10 euros). No expediente non queda clara a motivación deste desfase orzamentario”.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



