O Burela FS Pescados Rubén poderá disputar finalmente este martes a segunda eliminatoria da Copa do Rei na casa do Parrulo FS (A Malata, 20.45 horas), tras a suspensión da semana pasada por un corte de luz no pavillón ferrolán. O equipo da Mariña chega á cita con confianza e moral, co ronsel da primeira vitoria da tempada, logo de impoñerse o sábado ao Elche CF V. Alberola en liga (3-2).
“Será un partido moi igualado. Se conseguimos unha vitoria seremos un dos mellores equipos galegos en Copa do Rei e por iso pelexaremos mañá; para facer o mellor papel nesta competición” adiantaba este luns Daniel Ibañes, que non poderá contar con Iago Míguez para este martes por unha artrite da articulación metatarsofalánxica do primeiro dedo do pé dereito.
Oitavos
No caso de saír vitoriosos, os laranxas mediranse ao Ribera Navarra en Tudela en oitavos (13-14 de outubro).
Liga en Teledeporte
A escadra burelista desprazarase ao Siglo XXI para medirse ao DLink Zaragoza o sábado, na quinta xornada (13.00 horas), con emisión en directo por Teledeporte.
Resultados 1/16 Copa do Rei
Cidade de Narón 3 – 8 Magna Gurpea
Ziérbana 2 – 3 Aspil Vidal Ribera Navarra
Escola Pía 5 – 6 Catgas E. Santa Coloma
Triana FS 2 – 6 Jaén P. Interior
Naturpellet Segovia 6 – 7 Peñíscola RehabMedic
FS Valdepeñas 3 – 2 Elche CF V Alberola
FS Zamora 1 – 8 D-Link Zaragoza
Mosteiro Bembrive 4 – 2 Santiago Futsal
OID Talavera 3 – 6 ElPozo Murcia
Palleja 1 – 7 Palma Futsal
Real Betis FSN 7 – 4 CD UMA Antequera
Silver Novanca 3 – 2 Levante UDDM
Gran Canaria FS 2-9 Movistar Inter
P. Romero Cartagena 5-4 Jumilla FS Carchelo
Martes 6 de outubro:
Cofersa O Parrulo FS-CD Burela FS Pescados Rubén
Profiltek Agüimes – FC Barcelona Lassa




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
